Capítulo 4

Queixa de Xonás e resposta do Señor. 1 Pero isto disgustou moito a Xonás en gran maneira, e enfadouse. 2 E orou a Iahveh e dixo: Ah Iahveh! Non era isto o que dixen cando aínda estaba na miña terra? Por iso me apresurei a fuxir a Tarsis, poque eu sabía que ti es un Señor clemente e compasivo, lento para a ira e rico en misericordia, e que te arrepintes do mal con que ameazas. 3 E agora, Iahveh, rógoche que me quites a vida, porque mellor heme a morte que a vida. 4 E Iahveh dixo: Tes acaso razón para enoxarte tanto? 5 Entón Xonás saíu da cidade e sentouse no Oriente da mesma. Alí fixo un pendello e sentou debaixo del á sombra, ata que viu o que pasaba na cidade. 6 E fixo Iahveh que unha planta crecera sobre Xonás para que fixera sombra sobre a súa cabeza e o librara do seu malestar. E Xonás foi moi feliz pola planta. 7 Pero o Señor dispuxo que un verme atacase a planta ao amencer do día seguinte, e secou. 8 E aconteceu que cando saíu o sol, Deus ordenou un sofocante vento do leste, e o sol feriulle a cabeza e él desfallecía, e desexaba con toda a súa alma morrer, dicindo: mellor me é a morte que a vida. 9 Entón Deus díxolle a Xonás: tes motivos para anoxarte por mor dunha planta? E el respondeu: Teño motivos para enoxarme ata a morte. 10 E dixo Iahveh: Ti te apiadas da planta pola que non traballaches nin fixeches crecer, que naceu nunha noite e nunha noite morreu, 11 E non debería ter eu piedade de Nínive, a gran cidade, na que hai mais de cento vinte mil persoas que non saben distinguir entre a súa dereita e a súa esquerda, e tamén moitos animais?