Capítulo 2

Oración de Xonás. 1 Entón orou Xonás a Iahveh, o seu Deus, dende o ventre do peixe 2 e dixo: clamei a Iahveh na miña angustia, e Él respondeume. Dende o seo do Seol pedín axuda e escoitaches a miña voz; 3 pois tiráchesme ao profundo , no corazón dos mares, e as correntes rodeábanme ; todas as túas encrespadas olas e as túas ondas pasaron sobre min. 4 Entón dixen: "Fun expulsado de diante dos teus ollos; porén volverei mirar cara o teu santo templo". 5 As augas rodeáronme ata a miña alma, o gran abismo envolveume, as algas enredáronse na miña cabeza. 6 Descendín ata as raíces dos montes, a terra cos seus cerroxos cercáronme para sempre; pero ti sacaches da fosa da miña vida, oh, Iahveh, Señor meu. 7 Cando desmaiaba a miña alma, de Iahveh me lembrei;

a miña oración chegou ata ti, ata o teu santo templo.

8 Os que confían en ídolos vans a misericordia de Deus abandona, 9 pero eu con voz de agradecemento vouche ofrecer sacrificios. O que prometín, pagareino. A salvación é de Iahveh. 10 Entón Iahveh deulle orde ao peixe, e este vomitou a Xonás en terra seca.