Capítulo 12

1 Foi visto no ceo un gran sinal; unha muller vestida do sol, coa luna baixo os seus pés, e unha coroa de doce estrelas sobre a súa cabeza: 2 e estando embarazada, berra cos dores de parto, agoniada por dar a luz. 3 E foi visto outro sinal no ceo: un gran dragón vermello que tiña sete cabezas e dez cornos, e sobre as súas cabezas había sete diademas. 4 A súa cola arrastraba a terceira parte das estrelas do ceo e lanzounas sobre a terra. E o dragón parouse diante da muller que estaba para dar a luz, coa fin de devorar ao seu fillo cando dera a luz. 5 E ela deu a luz a un varón, que ha rexir a tódalas nacións con vara de ferro, e seu fillo foi arrebatado ata Deus e ata o seu trono. 6 E a muller fuxiu ao deserto, onde tiña un lugar preparado por Deus, para ser sostida alí por mil douscentos sesenta días. 7 Entón houbo guerra no ceo: Miguel e os seus anxos loitaron contra o dragón. E o dragón e os seus anxos loitaron, 8 pero non foron fortes abondo, e xa non se atopou o seu lugar no ceo. 9 E foi lanzado o gran dragón, a serpe antiga que se chama Diaño e Satanás, que engana ao mundo enteiro; foi lanzado á terra e os seus anxos foron lanzados canda él. 10 E oín unha gran voz no ceo, que dicía: Nestre intre chegou a salvación, o poder e o reino do noso Deus e a autoridade do seu Cristo, porque o acusador dos nosos irmáns, o que os acusa diante do noso Deus día e noite, foi lanzado. 11 E eles acadaron a victoria por medio do sangue do Año e pola palabra do testemuño deles, e non amaron as súas vidas, mesmo ate a morte. 12 Polo tanto, alegrádevos, ceos, e os que vivides neles. Ai da terra e do mar! Porque o diaño baixou onda vós enfurecido, sabendo que ten pouco tempo. 13 Cando o dragón viu que fora lanzado á terra, perseguiu á muller que deu a luz ao varón. 14 Pero á muller fóronlle dadas dúas ás coma da gran aguia, para que voara lonxe da presenza da serpe, ao deserto, ao seu lugar, onde foi sostida por un tempo, tempo e medio tempo. 15 E a serpe lanzou da súa boca, trala muller, auga coma un río, para facer que fora arrastrada pola corrente. 16 Pero a terra axudou á muller, e a terra abriu a súa boca e tragou ao río que o dragón lanzara pola súa boca. 17 Entón o dragón enfureceuse contra a muller, e saiu para facer guerra contra o resto da súa descendencia, os que gardan os mandamentos de Deus e teñen o testemuño de Xesús. 18 E parouse sobre a area do mar