1
Mándoche solemnemente na presenza de Deus e de Xesús o Mesías, que ha xulgar os vivos e os mortos na sua vinda e no seu reino:
2
pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo, corrixe, aconsella e reprende con toda a paciencia e doutrina.
3
Porque chegarán os tempos cando non soportarán a doutrina sana, senón que sintiindo coceira de ouvir, amorearán para si mestres conforme os seus propios caprichos;
4
afastarán o seu ouvido da verdade, e estraviaránse polo terreo das fábulas.
5
Pero tí sé sobrio en todo, soporta os sofrementos, fai obra de evanxeñista, cumple o teu ministerio.
6
Porque eu estou para ser derramado coma libación, e o tempo do meu pasamento é inminente.
7
Combatín una boa loita, rematei a miña carreira e gardei a fe.
8
Polo demais, está reservada para mín a coroa de xustiza, aquela que o Señor Xuiz xusto hame entregar naquel día; e non so a min, senón tamén a todos os que demostraron amar a súa vinda.
9
Procura vir a verme axiña,
10
porque Demas, amando este mundo presente, marchou a Tesalónica e deixoume desamparado, Cresente a Galacia, e Tito a Dalmacia.
11
So Lucas ficou conmigo, Recolle a Marcos e traino contigo, porque me compre moito para o ministerio,
12
pois a Tíquico mandeino a Éfeso.
13
Cando veñas, traeme o capote que deixei onda Carpo en Troas, xunto con os rollos, maiormente os pergamiños.
14
Alexandre, o ourive, fíxome moito mal; o Señor ha-lle dar o pago conforme ás súas obras.
15
Gárdate tí tamén de él, pois en gran maneira opúsose ás nosas palabras.
16
Na miña primeira defensa ninguén estivo ó meu carón, senón que todos me abandoaron; que non lles sexa tido na súa conta!
17
Pero o Señor axudóume e fortalecéume, para que por medio de min fora de sobra pregoada a mensaxe e a ouviran todas as nacións, e fun librado da boca do león.
18
Do mesmo xeito o Señor hame librar de toda obra mala e hame protexer para o seu reino celestial. A Él sexa a gloria polos séculos dos séculos. Amén.
19
Saúda a Prisca e a Aquila, e á familia de Onseíforo.
20
Erasto ficou en Corinto, e Trófimo quedou enfermo en Mileto.
21
Fai o posible para vir antes do inverno. Mándanche saúdos para ti Eubulo, Pudente, Lino e Clauda, ademais de todos os irmáns. O Señor sexa co teu espírito.
22
A graza sexa convosco.