1
Señores, dade aos vosos servos o xusto e equitativo, sabendo que tamén tendes un Señor no ceo.
2
Perseverade na oración, velando nela con acción de grazas;
3
orando ao mesmo tempo por nos, para que Deus nos abra porta para a palabra, a fin de falar o misterio do Mesías, polo que eu estou tamén encadeado,
4
para dalo a coñecer como debo facelo.
5
Conducídevos con sabedoría para con os de afora, aproveitando o tempo.
6
A vosa palabra sexa sempre con graza, sazonada con sal, para que saibades como responder a cada persoa.
7
De todas as miñas cousas, habos informar Tíquico, irmán amado e fiel ministro e conservo no Señor.
8
Para esto mesmo volo enviei, para que saibades da nosa situación e que console os vosos corazóns;
9
e con el a Onésimo, fiel e amado irmán, que é un de vós. Eles daranvos conta do que aquí está a pasar.
10
Saúdavos Aristarco, meu compañeiro de prisións, tamén Marcos, o curmán de Bernabé ( sobre o que recibistes mandamentos, se vai a vós, acollédeo ),
11
e Xesús, o que se chama Xusto; estos son da circuncisión, e os únicos colaboradores no reino de Deus que me foron de consolo.
12
Saúdavos Epafras ( que é un de vós ), servo do Mesías, quen se esforza sempre por vós nas oracións, para que esteades firmes, perfectos, e totalmente decididos a cumprir toda a vontade de Deus.
13
Porque dou testemuña del, que ten moita aflición por vós e polos que están en Laodicea e en Hierápolis.
14
Lucas, o médico amado, envíavos saúdos, e Demas.
15
Saudade aos irmáns que están en Laodicea, tamén a Ninfas e á igrexa que está na súa casa.
16
Cando teñades lida esta carta entre vós, facédea ler tamén na igrexa dos laodicenses; e vós, pola vosa parte, lede a carta de Laodicea.
17
E dicide a Arquipo: Mira polo ministerio que recibiches do Señor, para que o cumpras.
18
O saúdo da miña propia man, de Pablo. Lembrádevos das miñas prisións. A graza sexa con vós.