1
Lémbralles que se sometan aos gobernantes, que obedezan as autoridades, que están dispostas para toda obra boa;
2
que non falen mal de ninguén, que sexan pacíficos, amables, amosando sempre mansedume con todas as persoas.
3
Porque nos fomos noutro tempo necios, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo maliciosamente e con envexa, anoxadizos e odiándonos uns os outros.
4
Pero cando apareceu a bondade de Deus o noso Salvador, xunto co seu amor para todas as persoas, salvounos,
5
non por obras xustas que nos fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do lavamento da rexeneración e a renovación do Espírito Santo.
6
que verteu en nos dun xeito abundante por medio de Xesús Cristo, noso Salvador,
7
a fin de que, xustificados pola súa graza, foramos feitos herdeiros da vida eterna, dacordo á esperanza.
8
Esta é a palabra fiel, e desexo que ti insistas dun xeito firmepara que os que creron en Deus procuren ocuparse nas boas obras. Estas cousas son boas e de proveito para todos.
9
Pero fuxe das discusións parvas, xenealoxías, loitas e plémicas sobre a lei, porque son inútiles e valeiras.
10
A quen cause divisións, despois de advertilo unha e outra vez, rexéitao,
11
tendo ben sabido que está pervertido e continúa pecando, sendo condeado polos seus propios feitos.
12
Cando cheguen onda ti Artemas ou Tíquico, date presa por vir a min ata Nicópolis, porque decidín pasar alí o inverno.
13
Axuda con todo o preciso a Zenas o avogado, para que poda viaxar, e a Apolos, para que non lles falta nada a ningún dos dous,
14
E que aprendan os nosos a ocuparse nas boas obas para as necesidades urxentes, a fin de que non vivan sen ter froito,
15
Saúndanche todos os que están comigo. Saúda a todos os que nos aman na fe. A graza sexa convosco.