Capítulo 22

1 Mostroume un río de auga de vida, resplandecente como o cristal, que saía do trono de Deus e do Año. 2 No medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río había unha árbore da vida que dá unha dúcea de froitos, dando o seu froito a cada mes,. e as follas da árbore son para a sanidade das nacións. 3 Xa non haberá mais maldición, senon que o trono de Deus e do Año estará nela, e os servos a servirán. 4 Verano cara a cara, e o seu nome estará nas sua fronte. 5 E non haberá noite, nin precisrarán de luz de lámpada nin da luz do sol, porque o Señor Deus brillará sobre eles, e reinarán para sempre. 6 Entón díxome o anxo: estas palabras son fideis e verdadeiras. O Señor, o Deus dos espíritos dos profetas, mandou ó seu anxo para ensinar ós seus servos o que vai a suceder axiña. 7 "Velai que Eu veño de segida. Feliz o que fai caso do que está escrito na profecía deste libro. 8 Eu, Xoán, son o que oín e vín estas cousas. Ó escoitalas e velas, caín ós pes do anxo que mas amosaba para adoralo. 9 Pero él díxome: ·"Non fagas iso! Eu estou a servirte a ti e mais os teus irmáns os profetas e a todos os que fan caso das palabras escritas neste libro: Adora so a Deus! 10 Continuou decíndome: Non gardes en secreto as palabras da profecía deste libro, porque o tempo de cumplirse vai chegar axiña. 11 O que é inxusto, que siga sendoo, o inmundo, mais inmundo ainda; pero o que é xusto debe ser mais xusto e o que é santo, ainda mais santo. 12 Velai que Eu veño axiña,. e o meu premio está conmigo, para recompensar a cada un segundo a súa obra. 13 Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Derradeiro, o Principio e o Fin. 14 Benditos os que lavan as súas roupas para teren dereito á árbore da vida, e entrar polas portas da cidade. 15 Fora quedarán os cans, os bruxos, os fornicarios, os asasinos, os idólatras e todos aqueles que aman e practican a mentira! 16 Eu, Xesús, mandeivolo meu anxo para testemuñar de todas estas cousas sobre as igrexas. Eu son a raíz e a linaxe de David, a Estrela resplandecente da mañán. 17 O Espírito e a esposa din: "Ven!" E o todo aquel que escoita que diga "Ven!" E o que teña sede, que veña, e o todo aquel que o desexe que tome de balde da auga da vida. 18 Eu testifico a todo que escoita as palabras da profecía deste libro: se alguén engade algo o que está escrito, Deus mandaralle as pragas escritas neste libro. 19 Se alguén quita algunha palabra das profecías deste libro, Deus quitará a súa parte da -arbore da vida e da cidade santa, das cousas que foron escritas neste libro. 20 Aquel que da testemuña destas cousas di: "Eu veño pronto!" Amén, si ven Señor Xesús! 21 A gracia do Señor Xesús sexa con todos.