Capítulo 1

1 Paulo, prisioneiro de Cristo Xesús e mailo irmán Timoteo: a Filemón, querido irmán e colaborador, noso 2 e a irmá Apia, e a Arquipo, o noso compañeiro de milicia. e a igrexa que está na tua casa. 3 Graza e paz a vós, de Deus noso Pai e o do Señor Xesús Cristo. 4 Sempre dou grazas a Deus, o me lembrar de ti nas miñas oracións, 5 e ouvir do teu amor e da fe que tes para o Señor Xesús e para todos os crentes. 6 Oro para que a participación da túa fe sexa eficaz no pleno coñecemento que hai en nos en canto o Mesías, 7 porque tivemos moita ledicia e consolo no teu amor, pois por ti, meu irmán, foron animados os corazóns dos irmáns. 8 Por iso, ainda que teño moita libertade en Cristo para mandarche o que ven o caso, 9 mais ben rógoche con todo agarimo, sendo como son, Paulo, xa un ancián, e agora tamén preso por mor de Xesús Cristo. 10 Rógoche polo meu fillo Onésimo, a quen enxendrei estando na cadea, 11 o cal noutro tempo érache inútil, pero agora énos útil a ti e a min. 12 A éste volvincho a enviar en persoa, é dicir, coma se fose parte de min mesmo 13 Eu quería retelo comigo, para que me servise no teu lugar nas miñas prisións polo evanxeo;