Capítulo 16

1 Pasado o día de repouso, María Magdalena, María, a nai de Xacobo, e Salomé, compraron especias aromáticas para ir a unxilo. 2 E moi cedo, o primeiro día da semana, chegaron ao sepulcro despois da allborada.. 3 E ían falando entre elas: Quen nos removerá a pedra da entrada do sepulcro? 4 Cando ergueron a vista, viron que a pedra, fora removida, ainda que era moi grande. 5 E entrando no sepulcro, viron a un mozo sentado á beira dereita, vestido con roupa branca; e elas espantáronsee. 6 Pero el díxolles: Non vos asustedes; buscades a Xesús nazareno, o crucificado?. Non está aquí; resucitou, ollade o lugar onde o puxeron. 7 Pero ide, dicide aos seus discípulos e a Pedro: «El vai diante de vós a Galilea; alí o veredes, tal como vos dixo». 8 E saíndo elas, fuxiron do sepulcro, porque un gran tremor e espanto apoderouse delas; e non dixeron nada a ninguén do medo que tiñan.. 9 Despois de resucitar, no abrente do primeiro día da semana, Xesús apareceuse en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara fora sete demos. 10 E ela foi e comunicoullo aos que estiveran con El, que estaban a se lamentar e chorando. 11 Cando eles oíron que El estaba vivo e que ela o vira, non llo creron.. 12 Despois disto, apareceuse en forma distinta a dous deles cando ían de camiño ao campo. 13 E estes foron e comunicáronllo aos demais, pero a eles tampouco lles creron. 14 Despois apareceuse aos once cando estaban sentados á mesa, botándolles en cara a súa incredulidade e dureza de corazón, porque non creran aos que o viran resucitado. 15 E díxolles: "Ide por todo o mundo anunciando as boas novas a todas as criaturas. 16 O que crea e sexa bautizado será salvo; pero o que non crea será condenado. 17 E estes sinais acompañarán aos que creron: no meu nome botarán fóra demos, falarán en novas linguas; 18 tomarán serpes nas mans, e aínda que beban algo mortífero, non lles fará dano; sobre os enfermos poñerán as mans, e poñeranse ben. 19 Entón, o Señor Xesús, despois de falar con eles, foi recibido no ceo e sentou á dereita de Deus. 20 E eles saíron a predicar por todas partes, colaborando o Señor con eles, e confirmando a palabra por medio dos sinais que os acompañaban..