1
Cando saía do templo, díxolle un dos seus discípulos: Mestre, mira que pedras e que edificios!
2
E Xesús respondeu: Ves estes grandes edificios? Non quedará pedra sobre pedra que non sexa derrubada.
3
3E estando El sentado no monte das Oliveiras, en fronte do templo, Pedro, Xacobe, Xoán e Andrés preguntábanlle en privado:
4
Dinos, cando acontecerá isto, e que sinal haberá de que estas cousas han se de cumplir?
5
Entón Xesús comezou a dicir: Ollade que ninguén vos engane.
6
Moitos virán dicindo no meu nome: «Eu son o Mesías», e enganarán a moita xente.
7
E cando oiades de guerras e de rumores de guerras, non vos alarmedes; é preciso que todo iso aconteza, pero aínda non é o fin.
8
Ergueráse nación contra nación, e reino contra reino; e haberá terremotos en diversos lugares; e haberá fame. Isto será só o comezo de dores.
9
Pero estade alerta; porque vos entregarán aos tribunais e seredes azoutados nas sinagogas, e hanvos levar diante de gobernadores e reis pola miña causa, para testemuño a eles.
10
Pero primeiro o evanxeo debe ser anunciado a todas as nacións.
11
E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir, senón falade o que vos sexa dado naquela hora; porque non seredes vós os que faledes, senón o Espírito Santo.
12
E o irmán entregará á morte ao seu irmán, e o pai ao fillo; e os fillos levantaranse contra os pais, e causaranlles a morte.
13
E seredes aborrecidos por todos por causa do meu nome, pero o que persevere ata o final, ese hase salvar.
14
Mais cando vexades a abominación da desolación posta onde non debe estar (o que lea, que entenda), entón os que estean en Xudea fuxan aos montes;
15
quen estea na azotea, non baixe a casa nin para coller cousa ningunha;
16
e quen estea no campo, non volva atrás a tomar o seu manto..
17
Ai das que estean embarazadas e das que estean a criar naqueles días!
18
Orade para que isto non suceda no inverno.
19
Porque van ser días de angustia, tal como non aconteceu dende o principio do mundo que Deus creou ata o de agora, nin acontecerá xamais.
20
E se o Señor non acurtase eses días, ninguén se salvaría; pero por causa dos elixidos que El elixiu, acurtou aqueles días.
21
Se entón, algún vos di: «Mirade, aquí está o Mesías», ou: «Mirade, alí está», non lle creades.
22
Porque se levantarán falsos mesías e falsos profetas, e amosarán sinais e prodixios a fin de desencamiñar, se fose posible, aos elixidos.
23
Mais vós, estade atentos; vede que volo dixen todo de antemán.
24
Naqueles días, despois desa tribulación, o sol hase escurecer a lúa deixará de alumear,
25
as estrelas caerán do ceo e as potencias que están nos ceos serán sacudidas.
26
Entón verán ao Fillo do Home que vén nas nubes con gran poder e gloria.
27
E mandará aos anxos, e reunirá aos seus elixidos dos catro ventos, do cabo da terra ata o cabo do ceo.
28
Da figueira aprendede a parábola: cando se pon tenra a rama e bota as folla, sabedes que o verán está preto.
29
Así tamén vós, cando vexades que suceden estas cousas, sabede que El está preto, á porta.
30
En verdade dígovos que non pasará esta xeración ata que todo isto suceda.
31
O ceo e maila terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
32
Pero en canto ao día e maila hora ninguén sabe, nin os anxos no ceo, nin o Fillo, senón só o Pai.
33
Estade alerta, vixiade; porque non sabedes cando chegará a hora.
34
É como un home que se foi de viaxe, e ao saír da súa casa deulle autoridade os seus servos, encargándolle a cada un o seu traballo, e ordenándolle ao porteiro que estivese en vela.
35
Vixiade, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o señor da casa, se á tardiña, ou á medianoite, ou ao canto do galo, ou no mencer;
36
non sexa que veña de súpeto e vos atope durmindo
37
E o que vos digo a vos, tamén llelo digo a todos: Vixiade!: