Capítulo 28

1 2 Cando rematou o Sábado, mp mencer do primeiro día da semana, chegou María Magdalena maila outra María, para visitar o sepulcro. E houbo un grande terremoto, porque un anxo do Señor, descendendo do ceo, aproximóuse e fixo rodar a pedra, e sentouse enriba dela. 3 Asemellábase a un lóstrego, e o seu vestido era branco coma a neve. 4 E por medo a el, os gardas tremeron e ficaron coma mortos. 5 E o anxo comenzou a falar e dixolles ás mulleres: non teñades medo, porque sei que procurades a Xesús, o que foi crucificado. 6 Non está aquí, senon que resucitou tal como volo tiña dito. Vinde e vede o lugar onde o puxeron. 7 Ide axiña a decirlle aos seus discípulos que resucitou dentre os mortos, e vai diante de vos a Galilea, alí habédelo de ver, Ven os avisei! 8 E elas, saíndo do sepulcro con temor e grande ledicia, correron para dala nova aos seus discípulos. E 9 nesta, Xesús saiulles ao encontro dicindo: Paz a vos! E elas achegándose postráronse diante del abrazando os seus pes. 10 Xesús díxolles: non teñades medo. Ide e dicide aos meus irmáns que marchen para Galilea, e alí me verán. 11 Mentres elas ían, algúns da guarda foran á cidade e anunciaron aos suimos sacerdotes todo canto acontecera. 12 Eles, despois de xuntarse e tomar consello cos anciáns, acordaron darlles moitas pezas de prata aos soldados, 13 encargándolles: Vos dicide: Viñeron seus discípulos de noite e roubaron o corpo mentres durmíamos. 14 E se iso chega aos ouvidos do pocurador, nos converncerémolo para que non teñades problemas. 15 Eles entón, collendo as pezas de prata, fixeron tal e como lles mandaran. E ese dito divulgouse entre os xudeos ata o día de hoxe. 16 Mais os once discípulos foron para Galilea, ao monte onde Xesús lles indicara. E 17 vendoo, adorárono; ainda que alguns dubidaban,. 18 Enton Xesús achegándose faloulles dicindo: Foime entregada toda a autoridade no ceo e mais na terra, 19 Ide pois e facede discípulos a todos os pobos, baitizándoos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. 20 Ensiándolles a gardar todo canto eu vos mandei. E asegúrovos que Eu estou convosco todos os días, ata a fin do mundo.