Capítulo 1

1 Xudas, servo de Xesucristo e irmán de Xacobe, os chamados amados de Deus o Pai, e gardados para Xesús Cristo: 2 que a misericordia, a paz e o amor vos sexan multiplicados 3 Amados, mentras facía o máximo esforzo en vos escribir sobre a nosa común salvación, eu tiña que dirixirme a vos para animarvos a loitar de xeito esforzado pola fe que unha vez foi dada os crentes. 4 Pois sen decatarvos. introducíronse entre vos, certas malas persoas apuntadas para a condeación. aqueles que pervirten a graza do noso Deus e rexeitan a Xesús o Mesías, o noso único Señor e Soberano. 5 Quero lembrarvos. ainda que todas estas cousas as tendes ben sabidas, que Xesús tendo salvado o seu pobo., liberándoo da escravitude de Exipto, acabou logo con aqueles que non creran. 6 E tamén os anxos que non gardaron a sua integridade e abandoaron a súa propia morada, mantenos na oscuridade, en cadeas eternas ata o gran día do xuicio. 7 Do mesmo xeito cs Sodoma e Gomorra e as cidades veciñas que, tal como aquelas, entregáronse a inmoralidade sexual e a vicios e desexos contra a natureza. Eles sirven como exemplo do castigo do fogo eterno. 8 Igualmente, tamén eles están a matinar coas suas visións e contaminan os seus corpos, rexeitando a autoridade e blasfemando contra as autoridades celestiais. 9 Mais o Arcanxo Gabriel, cando loitaba co demo discutindo sobre o corpo de Moisés, non se atreveu a añdraxalo, senon que dixo: "Que o Señor te reprenda!". 10 Pero estes, maldin o que non entenden, e corrómpense nas cousas que comprenden como se foran animais irracionais. 11 Pobres deles! seguiron o camiño de Caín e pola cobiza caíron no erro de Balaam, perecendo na revolta de Coré. 12 Estes son os que deshonran as vosas festas de amor fraterno, cébanse sen temor algún, porque só pensan en se mesmos; nubes sen auga levadas polos ventos, árbes de outono sen froito algún, mortos unha e outra vez, arrincados de raices, 13 ondas violentas do mar que escupen so porcalladas, estrelas errantes para as que a oscuridade e as tebras están reservadas para sempre! 14 Deles profetizou Henoc, o sétimo despois de Adán, dicindo: O Señor ven con milleiros dos seus santos 15 para executar o xuizo sobre todos, e para convencer a todos os malvados polas obras malas que fixeron dun xeito ruín, e de todas as inxurias que falaron contra él eses impíos pecadentos! 16 Eles son murmuradores, andan queixándose sempre,. viven tal como lles peta e a súa boca ábrese so para falar verbas abraiantes, gabando as persoas para obter ganancias deshonestas. 17 Mais vos, benqueridos irmáns, lembrádevos das verbas ditas polos apóstolos de Xesús, o Mesías, noso Señor. 18 Eles dicianvos que: nos tempos derradeiros surdiría xente que se burlaría de todo, vivindo segundo as suas propias cobizas. 19 Éstes son os que causan divisións, os mundanos, os que non teñen o Espírito. 20 Pero vos, queridiños, edificade a vosa vida na fe santa, orando no Espírito Santo, 21 conservádevos no amor de Deus, agardando sempre a misericordia de Xesús, o Mesías noso Señor que vos da a vida eterna. 22 Tende misericordia dos que dubidan; 23 salvade a outros arrincándoos do lume; tende compasión de outros mais con certo temor, aborrecendo ainda a roupa contaminada polos seus vicios. 24 A Aquel que é poderoso para vos gardar sen caer e presentarvos sen mancha diante da súa gloria cheos de ledicia, 25 ó unico Deus, o noso Salvador, sexa a gloria, a maxestade, a autoridade e o poder, por medio de Xesús o Mesías, noso Señor, dende antes de todos os séculos, agora e por sempre, amén