14
Despois destas cousas, houbo unha festa entre os xudeos, e Xesús subiu a Xerusalem.
2
E hai en Xerusalem , perto da porta das ovellas, un tanque, de nome Betesda en hebreo, e posúe cinco alpendres.
3
Nestos descansaba unha morea de doentes, cegos, coxos e paralíticos, agardando o movemento da auga. Porque crían que un anxo baixaba cada certo tempo ao tanque e remexía a auga; e o primeiro que entraba no tanque, despois de que a auga se movera, ficaba san de calquera doenza que tivese.
5
E había alí un home que levaba doente trinta e oito anos seguidos.
6
Cando Xesús o viu deitado, soubo que levaba así moito tempo, e díxolle: Queres sanar?.
7
Señor, respondeulle o doente, non teño quen me meta no tanque cando remexen a auga; e mentres eu vou, outro baixa antes ca min.
8
Díxolle Xesús: érguete, colle a túa cama, e anda.
9
E decontado o home sanou; e colleu a súa cama e andou. E era día de repouso
(era un sábado)10
Entón os xudeos dixéronlle ao que fora curado: é día de repouso
(era un sábado)
, a lei non che permite que leves a túa cama.
11
El respondeulles: aquel que me sanou, el mesmo me dixo: colle a túa cama e anda.
12
Entón preguntáronlle: quen foi o que che dixo: colle a túa cama e anda?.
13
E o que fora curado non sabía que fose, porque Xesús xa se afastara da xente que había naquel lugar.
14
Despois topouno Xesús no Templo e díxolle: decátate de que fuches sanado; non peques máis para que non che aconteza algunha cousa pior.
15
O home marchou, e foi co conto aos xudeos de que fora Xesús o que o sanara
16
E por esta causa, os xudeos perseguían a Xesús e buscaban de matalo, porque facía cousas no día de repouso
(era un sábado)17
E Xesús respondeulles: Meu Pai até agora traballa, e eu traballo tamén.
18
Por iso os xudeos, aínda máis, buscaban oportunidade de matalo , porque non só rachaba o día de repouso
(era un sábado)
, senón que tamén dicía que Deus era o seu propio Pai, facéndose igual a Deus.