1
Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeos.
2
Este home foi onda Xesús de noite e díxolle: "Mestre, sabemos que ti es un enviado de Deus, porque ninguén pode facer os sinais que Ti fas senon está Deus con el".
3
Respondeulle Xesús: "Con toda verdade cho aseguro, se non naces de novo, non poderás ver o reino de Deus".
4
Díxolle Nicodemo: "Cómo pode alguén volver a nacer sendo vello? Acaso pode entrar outra vez no seo na sua nai e nacer?
5
Respondeulle Xesús: "Asegúroche que todo o que non naza da auga e o Espírito non pode entrar no reino de Deus.
6
O que naceu da carne é carne, e o que naceu do Espírito é espírito.
7
Non te extrañe que eu te dixera: tes que nacer de novo.
8
O vento sopra onde quere e ti séntelo zoar, mais non sabes de onde ven e para onde vai. Así mesmo é quen naceu do Espírito.
9
Replicoulle Nicodemo: "Cómo pode suceder iso?"
10
Díxolle Xesús:: Ti es mestre de Israel e non o sabes?
11
Asegúrocho de verdade, falamos do que sabemos e testemuñamos do que vimos, pero vos non queredes raceptar o noso testemuño.
12
Faleivos de cousas terreas e non credes, cómo ides crer as cousas celestiais ?
13
Ninguén subiu ao ceo fora de Aquel que descendeu do ceo: o Fillo do Home.
14
Como Moisés alzou a serpente no deserto, así será levantado o Fillo do Home
15
para que todo o que cre nel, teña vida eterna.
16
Pois de tal xeito amou Deus o mundo que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo aquel que cre nel non se perda, mais teña vida eterna.
17
Porque non enviou Deus o seu Fillo o mundo para xulgalo, se non para salvalo por medio del.
18
Todo o que cre nel non é xulgado, mais quen non cre xa foi sulgado por non crer no único Fillo de Deus.
19
Nisto consiste o xuizo: a luz veu o mundo e os seres humans amaron mais as tebras que a luz, porque os seus feitos eran malos.
20
Todo aquel que fai o mal odia a luz e non ven cara a ela porque todos verán os seus feitos.
21
Mais aquel que practica a verdade sí ven cara a luz para que se vexan os seus feitos, porque veñen de Deus.
22
Mais tarde, Xesís e ps seus discípulos foron ata Xudea. Alí pasou algún tempo con eles e bautizaba..
23
Xoán tamén bautizaba en Enón, perto de Salim, porque había alí moita auga. e viñan moitos a se bautizar,
24
porque todavía non puxeran a Xoán na cadea.
25
Enton levantouse unha porfía entre alguns dos discípulos de Xoán e ps xudeos, a propósito dp lavamento ceremonial para ser aceptados por Deus.
26
Foron onda Xoán e dixéronlle: "Mestre, aquel que estaba contigo no outro lado do rio, de quen deches testemuño, está a bautizar e todos van detrás del"
27
Respomdeuññes Xoán: "ninguén pode recibir nada se non se lle ven dado do ceo.
28
Vós podedes testemuñar de que vos dixen: eu non son o Mesías, eu son somentes o enviado diante del"
29
A esposa tena o esposo; pero o amigo do esposo, o que está o seu lado e o escoita, alégrase dun xeito inmenso o escoitar a voz do esposo. Asi a miña alegría é completa.
30
El debe medrar e eu menguar.
31
Quen ven do ceo está por riba de todos. Quen ven da terra, da terra é e fala cousas da terra. O que ven do ceo está sobre todos.
32
El da testemuño do que viu e estcoitou, mais ninguén acepta o seu testemuño.
33
Quen acepta o seu testemuño confirma que Deus é verdade.
34
Porque Aquel a quen Deus enviou fala as verbas de Deus. Porque Deus non da o Espírito dun xeito medido.
35
O pai ama o Fillo e púxolle todas as cousas na sua man.
36
Quen cre no Fillo ten vida eterna, mais aquel que desobedece o Fillo non verá a vida, se non que a ira de Deus está sobre el"