1
Xa que logo, tendo o noso arredor unha tal nube de testemuñas, desprendámonos de todo peso, e do pecado que nos asedia, e corramos con aguante a carreira que temos por diante.
2
Co ollo posto en Xesús, o Autor da fe e aquel que a leva á perfección, quen pola ledicia posta diante de Él, soportou a cruz e desprezando as aldraxes, sentóuse a dereita do trono de Deus,
3
Meditade, pois naquel que soportou tal contradición de pecadores enriba de si, para que o voso ànimo non se canse nin esmoreza.
4
Pois ainda non resististes ata derramar sangue na vosa loita contra o pecado;
5
e esquecéchedes a recomendación que vos di coma se lles fala ós fillos: "Meu fillo,.non despreces a disciplina do Señor, nin esmorezas cando Él te rife,
6
porque o Señor ama a quen disciplina, e castiga a todo aquel que recoñece por fillo"
7
Aguantade baixo a disciplina xa que Deus vos trata coma fillos; porque, qué é o fillo a quen seu pai non o disciplina?
8
Pero se quedades sen disciplina, aquela da que todos tomamos parte, entón é que sodes bastardos e non fillos.
9
Ainda mais, nos tivemos ós nosos pais que nos disciplinaban e nos respetabámolos. Non nos habemos de someter con moita mais razón ó Pai dos espíritos para ter vida?
10
Porque eles, na verdade disciplináronos por poucos días según o seu criterio, pero Deus faino como compre, para que participemos da súa santidade.
11
Ë verdade que ningunha disciplina, no momento, parece ser causa de ledicia senón de tristira; pero co tempo, da un froito xusto e cheo de paz a todos os que foron exertitados por medio dela.
12
Polo tanto, enfortecede as mans febles e os vosos xionllos paralizadas,
13
e facede vieiros dereitos para os vosos pes, para que o coxo no escorde, senón que sexa curado.
14
Procurade a paz con todos, e maila santidade, porque sin ela ninguén verá ó Señor;
15
tende moito coidado de que ningún sexa privado da graza de Deus, non sexa que surdindo algunha raíz de amargura, vos chegue a perturbar e por ela moitos sexan contaxiados;
16
que non haxa ningún fornicario ou profano coma Esaú, que por un xantar vendeu a súa primoxenitura.
17
Porque sabedes que ainda que despois por mais que quiso herdar a bendición, foi rexeitado (porque non atopou xeito de arrepentirse) ainda que a procurou con bágoas
18
Porque non estades diante dun monte que se poida apalpar e que ardía con lume, e a escuridade, as tebras, a tormenta,
19
e o son da trompeta e a voz que falaba, que cando aqueles a escoitaron, pediron que non lles falara mais,
20
porque non soportaban o que se lles estaba mandando: "Ainda se unha besta toca o monte, será acantazada".
21
E tan terrible era o que vían, que Moisés dixo: Estou aterrado e tremendo.
22
Vos, en camio, estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo: da Xesusalén celeste, e dos millleiros de anxos,
23
da igrexa dos primoxénitos inscritos nos ceos, diante de Deus, Xuiz de todos, e dos espíritos dos xustos feitos perfectos,
24
e de Xesús, mediador do novo pacto, e diante do sangue rociado que fala mellor co de Abel.
25
Ollade que non rexeitedes ó que vos está falando, porque se non fuxiron aqueles que desprezaron ós que os instruían na terra, moito menos nos, se volvemos as costas ó que nos fala dende os ceos;
26
a súa voz fixo tremer a terra nese tempo, pero agora nos promete: Unha vez mais, Eu farei tremer non só a terra, senón tamén o ceo.
27
Ese "unha vez mais" indica a renovación de todas as cousas provisionais porque son creadas,, para que pernanezan aquelas que son inconmovible.
28
Por iso, xa que recibimos un reino inconmovible, manteñamos a graza, pois por ela servimos a Deus dun xeito aceptable, con reverencia e respecto,
29
porque o noso Deus é lume que consume.