Capítulo 1

1 Deus, tendo falado hai moito tempo, en moitas ocasións e de moitas maneiras aos pais polos profetas, 2 e nestes últimos dias nos falou polo seu Fillo, a quen constutuiu herdeiro de todas as cousas, por medio do que tamén fixo o universo. 3 El é o resplandor da sua gloria e a expresion exacta da sua natureza, e sosten todas as cousas pola palabra do seu poder. Despois de levar a cabo a puricicacion dos pecados, sentouse á diestra de Deus nas alturas 4 facéndose moito mais poderoso que os anxos, xa que herdou un nome moito máis marabilloso que o deles. 5 Porque a cal dos anxos dixo Deus algunha vez: ERES O MEU FILLO, EU TE CONCEBÍN HOXE e outra vez: EU SEREI PAI PARA EL E EL SERÁ MIN UN FILLO? 6 E outra vez, cando trae ao Primoxénito ao mundo, di: ADÓRENNO TODOS OS ANXOS DE DEUS. 7 E dos anxos di: O QUE FAI AOS SEUS ANXOS, ESPÍRITOS E AOS SEUS MINISTROS , LAPAS DE LUME" 8 Mais o Fillo di: O TEU TRONO, OH DEUS, É POLOS SÉCULOS DOS SÉCULOS, E O CENTRO DA RECTITUDE É O CENTRO DO TEU REINO. 9 AMACHES A XUSTIZA E ABORRECICHES A INIQUIDADE; POLO QUE DEUS, O TEU DEUS, UNXIUTE CO OLEO DA ALEGRIA MÁIS QUE AOS TEUS COMPAÑEIROS. 10 E: TI, SEÑOR, NO PRINCIPIO PUXESTES OS FUNDAMENTOS DA TERRA, E OS CEOS SON OBRA DAS TUAS MANS; 11 ELES PASARÁN, MAIS TI PERMANECES; E TODOS ELES ENVELLECERÁN COMO VESTIDURAS, 12 E OS ENROLARÁS COMA SE FOSE UN MANTO; E CAMBIARÁN COMA SE FOSE ROUPA. MAIS TI ERES O MESMO E OS TEUS ANOS NON TERÁN FIN 13 Mais, a cal dos anxos dixo algunha vez: SENTA Á MIÑA DEREITA ATA QUE POÑA AOS TEUS ENIMIGOS POR ESTRADO PARA OS TEUS PES? 14 Non son eles espíritos ministradores, enviados para servir aos que herdarán a salvación?