Capítulo 4

1 Señores, dade aos vosos servos o xusto e equitativo, sabendo que tamén tendes un Señor no ceo. 2 Perseverade na oración, velando nela con acción de grazas; 3 orando ao mesmo tempo por nos, para que Deus nos abra porta para a palabra, a fin de falar o misterio do Mesías, polo que eu estou tamén encadeado, 4 para dalo a coñecer como debo facelo. 5 Conducídevos con sabedoría para con os de afora, aproveitando o tempo. 6 A vosa palabra sexa sempre con graza, sazonada con sal, para que saibades como responder a cada persoa. 7 De todas as miñas cousas, habos informar Tíquico, irmán amado e fiel ministro e conservo no Señor. 8 Para esto mesmo volo enviei, para que saibades da nosa situación e que console os vosos corazóns; 9 e con el a Onésimo, fiel e amado irmán, que é un de vós. Eles daranvos conta do que aquí está a pasar. 10 Saúdavos Aristarco, meu compañeiro de prisións, tamén Marcos, o curmán de Bernabé ( sobre o que recibistes mandamentos, se vai a vós, acollédeo ), 11 e Xesús, o que se chama Xusto; estos son da circuncisión, e os únicos colaboradores no reino de Deus que me foron de consolo. 12 Saúdavos Epafras ( que é un de vós ), servo do Mesías, quen se esforza sempre por vós nas oracións, para que esteades firmes, perfectos, e totalmente decididos a cumprir toda a vontade de Deus. 13 Porque dou testemuña del, que ten moita aflición por vós e polos que están en Laodicea e en Hierápolis. 14 Lucas, o médico amado, envíavos saúdos, e Demas. 15 Saudade aos irmáns que están en Laodicea, tamén a Ninfas e á igrexa que está na súa casa. 16 Cando teñades lida esta carta entre vós, facédea ler tamén na igrexa dos laodicenses; e vós, pola vosa parte, lede a carta de Laodicea. 17 E dicide a Arquipo: Mira polo ministerio que recibiches do Señor, para que o cumpras. 18 O saúdo da miña propia man, de Pablo. Lembrádevos das miñas prisións. A graza sexa con vós.