Capítulo 1

1 Pablo, apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus, e Timoteo o noso irmán, 2 aos crentes e fieis irmáns en Cristo que se atopan en Colosas. A graza e a paz de Deus, o noso pai, sexa con vos. 3 Damos grazas a Deus, o Pai do noso Señor Xesús Cristo, e oramos sempre por vós. 4 Nós escoitamos da vosa fe en Xesús Cristo e do amor que tedes para todos os santos, 5 por mor da esperanza reservada para vós nos ceos. Vós escoitastes acerca disto na palabra verdadeira, o evanxeo 6 que chegou a vós. Este evanxeo que está dando froito e medrando en todo o mundo. Tamén está facendo isto en vós desde o día que o escoitastes e coñecestes plenamente a verdadeira graza de Deus. 7 tal como o aprendestes de Epafras, o noso amado conservo, quen é un fiel servidor do Mesías para o voso beneficio. 8 Tamén él nos falou do voso amor no Espírito. 9 Por iso tamén nós, desde o día que o escoitamos, non deixamos de orar por vós e de pedir que Deus vos encha do coñecemento da súa vontade, con toda sabedoría e entendemento espiritual 10 para que camiñedes de xeito digno do Señor, co fin de agradalo en todo, dando froito en toda obra boa e medrando no coñecemento de Deus. 11 fortalecidos en todo poder segundo a potencia da súa gloria con toda pacencia e ánimo longo; 12 dando grazas ao Pai que vos fixo merecentes de compartir a herdanza dos santos en luz. 13 El rescatounos da pouta das tebras e trasladounos ao reino do seu amado Fillo, 14 en quen temos a redención, o perdón dos pecados. 15 El é a imaxe do Deus invisible, o primoxénito de toda a creación. 16 pois por Él todas as cousas foron creadas, as que están nos ceos e as que están na terra, as visibles e as invisibles: tronos, dominios, gobernos autoridades, todo foi creado por El e para El, 17 e El mesmo é denantes de todas as cousas e nel todo se sustenta. 18 El é a cabeza do corpo, que é a igrexa. El é o principio e o primoxénito de entre os mortos, para que así teña o primeiro lugar en todas as cousas, 19 porque a Deus lle agradou que toda a súa plenitude habitara no seu Fillo, 20 e a traves del reconciliar o universo consigo, tanto as cousas que están nos ceos como as da terra, tendo xa feito a paz mediante o sangue da súa cruz. 21 Noutrora vós tamén estábades afastados de Deus, inimigos seus por estares sempre pensando en facer cousas malas, 22 pero agora, reconciliouvos no seu corpo físico por meio da súa morte para vos presentar santos, sen chata e libres de calquera acusación diante de Deus 23 xa que continuades estables e firmes na fe, sen afastarvos da esperanza do evanxeo que escoitastes, o cal foi anunciado a toda a creación baixo o ceo, e do cal eu, Pablo, cheguei a ser servo. 24 Agora eu énchome de ledicia nos meus sufrimentos por vós, e completo en min mesmo o que falta das aflicións de Cristo polo seu corpo, que é a igrexa; 25 da que eu son servo, de acordo coa responsabilidade que Deus me encomendou para con vós, a fin de proclamar cumpridamente a palabra de Deus; 26 o misterio escondido durante séculos e xeracións, pero que agora se manifesta a todos aqueles que cren en El, 27 a quen Deus quixo darlles a coñecer as riquezas da gloria deste misterio a todos os pobos, que Cristo está en vós, a esperanza de gloria. 28 a quen nós proclamamos, advertindo e ensinando a toda persoa con toda sabedoría, para que todos se podan presentar perfectos en Cristo; 29 para isto é que eu traballo e me esforzo segundo as forzas e o poder del, que actúan en min.