Capítulo 6

1 Todos os que estám baixo o xugo da escravitude consideren aos seus propios amos dignos de toda honra, para que non sexa difamado o nome de Deus nin a doutrina. 2 Os que teñan amos crentes non os fagan de menos por ser irmáns, mais ben sírvanos mellor por seren crentes e amados os que se benefician do seu traballo. Ensina e recomenda estas cousas. 3 Se asguén ensina outra cousa, e non se amolda as palabras sanas, as de Xesús o Mesías, noso Señor, e a doutrina que é conforme á piedade, 4 é un soberbio e non entende nada, senón que é un maniático que so quere discutir sobre palabras baleiras, das que nacen envexa,. riñas, difamacións, malas sospeitas, 5 liortas constantes e parvas de persoas corrompidas, carentes da verdade, que pensan que a piedade é unha fonte de riqueza. 6 Ainda que a piedade acompañada de contenamento é unha verdadeira fonte de ganancia! 7 porque nada trouxemos a este mundo e nada podemos levar del, 8 así que, se temos que comer e que vestir debemos estar contentos, 9 pois aqueles que queren ser ricos caen en tentacións, trapelas e moitas cobizas insensatas e dañinas, que son as que botan a perder ás persoas e as arruinan, 10 porque o amor ó diñeiro é a raíz de todos os males, algúns mesmo se afastaron da fe por iso, e traspasaron as súas vidas con moitas dores. 11 Pero ti, home de Deus, fuxe destas cousas e procura á xustiza, a piedade, a fe, o amor, a pacencia, a mansedume. 12 Loita a boa batalla da fe, bota man da vida eterna, á que fuche chamado, e que diante de moitas testemuñas declarache dun xeito brilante. 13 Mándoche diante de Deus, quen da vida á todas as cousas e de Xesús o Mesías, que deu testemulña cunha magnífica confesión diante de Poncio Pilato, 14 que gardes o mandamento sen tacha, irreprensible, ata a manifestáción de Xesús o Mesías, noso Señor. 15 No tempo axeitado amosarao o Deus bendito e único Soberano, o Rei dos que reinan e Señor dos que gobernan, 16 o ünico que ten inmortalidade, que vive na luz inaccesible, a quen ningún ser humán viu nin pode ver. A Él sexa a honra e o dominio eterno, amén. 17 Os ricos deste mndo mándalles que non sexan arrogantes nin poñan a súa esperanza nas riquezas, que son incertas, senón en Deus, quen nos provee abundantemente de todas as cousas para que as disfrutemos; 18 que fagan o ben, que sexan ricos en boas obras, que sexan xenerosos, e dadiveiros para compartir, 19 atesorando para si un bon fundamento para o tempo que vai a vir, para que boten man da verdadeira vida. 20 Timoteo, garda o que se che encomendou, evitando as leiras baleiras e profanas, e os argumentos da falsamente chamada cencia, 21 coa que algúns afastáronse da fe cando a profesaron. A gracia sexa convosco.