1
Todo aquel que cre que Xesús é o Mesías, naceu de Deus e todo o que ama ó Pai, ama tamén o Fillo nacido del.
2
Nisto coñecemos que amamos ós fillos de Deus, cando amamos a Deus e practicamos os seus mandamentos.,
3
Porque éste é o amor de Deus: que gardemos os seus mandamentos, e os seus mandamentos non son pesados.
4
Porque todo o que naceu de Deus vence ó mundo; e ésta é a victoria que venceu ó mundo, a nosa fe.
5
Quen é aquel que vence ó mundo senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus?
6
Este é o que veu mediante auga e sangue, Xesús o Mesías. Non veu pola auga so, senon pola auga e o sangue. E o Espírito é o que testemula, xa que o Espírito é verdade.
7
Porque tres son os que dan testemuño:
8
O Espírito, a auga e mailo sangue, e os tres concordan.
9
Se recebemos o testemuño dos homres, o testemuño de Deus é maior porque éste é o testemuño de Deus; o que nos ten dado acerca do seu Fillo.
10
Quen cre no Fillo de Deus, ten o testemuño dentro de si; o que non cre en Deus, faino mentiroso, porque non creu no testemuño que Deus ten dado acerca do seu Fillo.
11
E nisto consiste o testemuño que Deus nos deu a vida eterna, e esta vida está no seu Fillo.
12
Quen ten o Fillo ten a vida; quen non ten o Fillo de Deus, non ten a vida.
13
Escríbovos estas cousas a todos os que credes no nome do Fillo de Deus, para que esteades seguros que tendes vida eterna.
14
Esta é a confianza que temos diante del, que cando pedimos algo conforme coa súa vontade, El escoitanos.
15
E se sabemos que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, sabemos tamén que temos aquelo que lle pedimos.
16
Se alguén ve o seu irmán cometendo un pecado que non leva á morte, perdirá e Deus daralle a vida (a aqueles que non pecan de morte). Hai pecado que leva á morte, e non digo que non pidades sobre él.
17
Toda inxustiza é pecado, pero hai pecado que non leva á morte.
18
Sabemos que todo aquel que naceu de Deus non peca, pois o que foi enxendrado por Deus gárdao e o maligno non o agarra.
19
Sabemos que nosprocedemos de Deus, men tres o mundo enteiro cae baixo o dominio do maligno.
20
Pero sabemos que o Fillo de Deus veu e que nos deu entendemento para que coñezamos a quen é o Verdadeiro, e estamos nel: no seu Fillo Xesús o Mesías . Este é o Deus verdadeiro e a vida eterna.
21
Meus fillos, gardádevos dos ídolos.