Capítulo 9

1 Digo a verdade en Cristo, non minto, dando testemuño a miña consciencia no Espírito Santo, 2 que teño gran tristura e dor continua no meu corazón. 3 Porque eu mesmo querería ser maldito, separado de Cristo, por amor aos meus irmáns, parentes segundo a carne. 4 Que son israelitas, aos que pertenze a adopción como fillos, e a gloria, os pactos, a divulgación da lei, o culto e as promesas, 5 de quen son os patriarcas, e de quen, segundo a carne, procede o Cristo, que está sobre todas as cousas, Deus bendito polos séculos. Amén 6 Pero non é que a Palabra de Deus fallara. Porque non todos os desendentes de Israel son Israel, 7 nen son todos fillos por ser descendentes de Abraham, senón que por ISAAC SERÁ CHAMADA A TÚA DESCENCDENCIA. 8 9 Isto é, non son os fillos da carne os que son fillos de Deus, senón que os fillos da promesa son tidos como descendentes. Porque esta é unha palabra de promesa: NESTE TEMPO VOLVEREI, E SARA TERÁ UN FILLO. 10 E non só isto, senón que tamén Rebeca, cando concibiu xemelgos de un, noso pai Isaac 11 (porque aínda, cando non naceran os xemelgos, e non fixeran nada, nen bo nen malo, para que o propósito de Deus, segundo a súa eleción permanecera, non polas obras senón por aquel que chama), 12 díxoselle a ela: O MAIOR SERVIRÁ AO MENOR. 13 Así está escrito: A XACOBE AMEI, PORÉN A ESAÚ ABORRECÍN. 14 Que diremos, entón? Que hai inxustiza en Deus. De ningunha maneira. 15 Porque El di a Moisés: TEREI MISERICORDIA DE QUEN EU QUEIRA TER MISERICORDIA, E TEREI COMPAIXÓN DE QUEN EU QUEIRA TER COMPAIXÓN. 16 Así que non depende do que quere nen do que corre, senón de Deus que ten misericordia. 17 Porque a Escritura di a Faraón: PARA ISTO MESMO TE LEVANTEI, PARA CHE DEMOSTRAR O MEU PODER, E PARA QUE O MEU NOME SEXA PROCLAMADO EN TODA A TERRA. 18 Así que do que quere ten misericordia, e ao que quere endurece. 19 Dirasme entón: Por que, pois, ainda culpa Deus? Porque quen resiste a súa vontade?. 20 Pola contra, quen es ti, home, que lle contestas a Deus? Dirá acaso o obxecto moldeado a quen o moldeou: Por que me fixeches así? 21 Ou non ten o oleiro dereito sobre o barro para facer da mesma masa un vaso para uso honroso e outro para uso deshonroso? 22 E que, se Deus, ainda dispostoa demostrar a súa ira e facer notorio o seu poder, soportou con moita paciencia os vasos de ira preparados para destrución? 23 Fíxoo para dar a coñecer as riquezas da súa gloria sobre os vasos de misericordia, que antes preparou para gloria, 24 é dicir, nós, a quen tamén chamou, non só de entre os xudeus, senón tamén de entre os xentís. 25 Como tamén di en Oseas: AOS QUE NON ERAN MEU POBO CHAMAREINOS: "MEU POBO", E A NON AMADA: "MIÑA AMADA". 26 E ACONTECERÁ QUE NO LUGAR ONDE SE LLES DIXO: "VÓS NON SODES MEU POBO" ALÍ CHAMARÁSELLES " FILLOS DO DEUS VIVENTE". 27 Isaías tamén exclama en canto a Israel: AINDA QUE O NÚMERO DOS FILLOS DE ISRAEL SEXA COMO A REA DO MAR, SÓ O REMANENTE SERÁ SALVO; 28 PORQUE O SEÑOR EXECUTARÁ SÚA PALABRA CON CORDURA E BREVIDADE. 29 E como Isaías predixo: SE O SEÑOR DOS EXÉRCITOS NON NOS HOUBESE DEIXADO DESCENDENCIA, HOUBÉSEMOS CHEGADO A SER COMO SODOMA, E FEITOS SEMELLANTES A GOMORRA 30 Que diremos, entón? Que os xentís non ían tras a xustiza, alcanzaron xustiza, é dicir, a xustiza que é por fe; 31 pero Israel, que ía tras unha lei de xustiza, non alcanzou esa lei. 32 Por que? Porque non ían tras ela por fe, senón como por obras. Tropezaron na pedra de tropezo, 33 tal como está escrito: VELAÍ, POÑO EN SIÓN UNHA PEDRA DE TROPEZO E ROCHA DE ESCÁNDALO; E O QUE CREA NEL, NON SERÁ AVERGOÑADO.