Capítulo 7

1 Non sabedes, irmáns (pois falo cos%aos% que coñecen a lei), que a lei ten xurisdición sobre unha persoa mentres viva? 2 Pois a muller casada está sometida pola lei ó seu marido mentres lle vive, pero se morre , queda liberada %da%a lei en canto ao marido. 3 Así que, mentres vive o seu marido é%será% chamada adúltera se ela se xunta con outro home, pero se morre o seu marido, está libre desa lei de xeito que non é adultera mesmo que se xunte a outro home . 4 Así que , irmáns meus, tamén a vós se vos fixo morrer á lei mediante o corpo de Cristo, para que sexades unidos a outro, ao que resucitou de entre os mortos, coa fin de que deamos froito para Deus. 5 Porque mentres estabamos na carne, as paixóns pecaminosas espertadas pola lei, actuaron%actuaban% sobre os membros do noso corpo coa fin de levar froitos %para%ata a morte. 6 Pero agora, quedamos liberados da lei,%morrendo% mortos ao que nos encadeaba, de xeito que sirvamos na novidade do Espírito e non na %decrepitude%antigo da letra. 7 %daquela que diremos%Que diremos entón? É pecado a lei? %Diso nada%De ningunha maneira! Pola contra, eu non coñecería o pecado se non fora pola lei, porque eu non sabería o que é a cobiza, se a lei non %dixera%oubera dito: non cobizarás. 8 Pero o pecado, aproveitándose do mandamento, produciu en min toda clase de cobizas; porque aparte da lei o pecado está morto. 9 E noutro tempo eu vivín sen a lei, pero cando chegou o mandamento, o pecado reviviu, e eu morrín; 10 e este mandamento, que era para vida, a min resultoume para morte; 11 Porque o pecado aproveitando o mandamento, enganoume e por medio del matoume. 12 Así que a lei é santa, e o mandamento é santo, xusto e bo. 13 Entón, o que é bo veu a ser causa de morte en min? De ningún xeito! Pola contra, foi o pecado, a fin de %mostrarse%que o%é% pecado producindo a miña morte por medio do que é bo, para que por medio do mandamento o pecado chegue a ser en extremo pecaminoso. 14 Pois sabemos que a lei é espirirual, pero eu son carnal, vendido á escravitude do pecado. 15 Porque o que fago, non o entendo; porque non practico o que o que quero facer, senón que o que aborrezo, eso fago. 16 E se o que non quero facer, o fago, estou de acordo coa lei recoñecendo que é boa. 17 Entón xa non son eu o que o fai, senón o pecado que habita en min. 18 Porque eu %xa %sei que en min, é dicir na miña carne, non habita nada bo; porque o querer está presente en min, pero o facer o ben, non. 19 Pois non fago o ben que desexo , senón que o mal que non quero, eso practico. 20 E se o que non quero facer, iso fago, xa non son eu o que o fai senón o pecado que habita en min. 21 Entón querendo eu facer o ben atopo a lei de que o mal está presente en min. 22 Porque no %persoa%home interior deléitome na lei de Deus, 23 pero vexo outra lei nos membros do meu corpo que fan guerra contra a lei da miña mente e me fai prisionero da lei do pecado que está nos meus membros. 24 Miserable de min! Quen me librará deste corpo de morte? Grazas a Deus, por Xesucristo noso Señor. 25 Entón, eu mesmo, por unha banda, coa mente sirvo á lei de Deus, pero por outra, coa carne á lei do pecado.