Salmo 7 Cantiga fogosa ( Sigaión) de David, que cantou a Iahveh sobre as palabras de Cus, o Benxamita.

1 Iahveh, meu Deus, en ti refúxiome;

sálvame dos que me perseguen e líbrame,

2 non sexa que algún me rasgue como león,

arrastrándome, e ninguén me libre.

3 Iahveh, meu Deus, se fixen eu isto,

se nas miñas mans hai inxustiza,

4 se ao que estaba en paz comigo lle paguei con mal,

ou despoxei o meu inimigo sen motivo,

5 que o inimigo persiga a miña alma e me alcance; que esmague a miña vida en terra, e deixe a miña gloria no po. ( Selah=palmas) 6 Levántate Iahveh na túa ira;

érguete contra a furia dos meu inimigos,

e espértate en favor meu; ti estableciches xuízo.

7 Que a asamblea dos pobos te rodee,

e ti regresa sobre dela no alto.

8 Iahveh xulga os pobos;

xúlgame, ó Iahveh!, conforme á miña xustiza

e a integridade que hai en min.

9 A maldade dos impíos termine,

pero establece ti o xusto,

pois Deus xusto examina as mentes e os corazóns

10 O meu escudo está en Deus,

que salva os rectos de corazón.

11 Deus é xuíz xusto,

e un Deus que cada día contra o impío se indigna.

12 Se o impío non se arrepinte, El afiará a súa espada;

o seu arco está tenso e preparado.

13 Preparou tamén as súas armas de morte;

das súas fai flechas ardentes.

14 Velaí, coa maldade sofre dores,

e concibe a iniquidade

e dá a luz engano.

15 Cavou un burato e afondouno,

e caeu no burato que fixo.

16 Voltará a súa iniquidade sobre a súa cabeza,

e a súa violencia caerá sobre a súa coroa.

17 Darei grazas a Iahveh conforme a súa xustiza, e cantarei louvanzas ao nome de Iahveh Altísimo.