Capítulo 49
Para o director do coro. Salmo dos fillos de Coré
1
Ouvide isto, todos os pobos;
escoitade, todos os habitantes do mundo,
2
tanto humildes como grandes,
de igual xeito rico e pobre.
3
A miña boca falará sabedoría,
e a meditación do meu corazón será entendemento.
4
Inclinarei ao proverbio o meu oído
e ao son do arpa descifrarei o meu enigma.
5
Por que hei temer nos días malos
cando me rodee a iniquidade dos meus inimigos,
6
dos que confían nos seus bens
e se gaban na abundancia das súas riquezas?
7
Ninguén pode, de ningún xeito,
redimir o seu irmán,
nin dar a Deus, rescate por el,
8
porque a redención da súa alma
vale moitísimo e debe esquecer poder pagalo
9
para que viva para sempre
para que non vexa corrupción.
10
Porque el olla os sabios morrer;
o torpe e o necio de igual xeito perecen
e deixan as súas riquezas a outros.
11
As súas tumbas son para sempre
as súas moradas, por todas as xeracións:
dan ás súas terras os seus nomes propios.
12
Porén o home, non permanecerá
na súa opulencia
é como os animais que perecen.
13
Este é o camiño dos insensatos,
e dos que despois deles aproban
as súas palabras.
14
Como ovellas son enviados ao Seol;
guiaraos a morte,
e os rectos rexirán pola mañá;
Os seus corpos consumiraos o Seol,
Por non teren onde morar.
15
Mais Deus redimirá a miña alma da man do Seol
Pois el recibirame.
16
Cando alguén se enriquece, non temas,
cando se enche a riqueza da súa casa;
17
porque nada ha levar consigo cando morra
nin a súa riqueza descenderá tras el.
18
Aínda que mentres viva se felicite a si mesmo
( e aínda que as persoas che dean os parabéns ao prosperar)
19
iráse xuntar coa xeración dos seus pais;
eles nunca han ver a luz.
20
O home que está en honra e non ten entendemento,
é semellante aos animais que perecen.