Salmo 3 Salmo de David, cando fuxía diante do seu fillo Absalón

1 Ó Iahveh, como teñen medrado os meus adversarios!

Moitos se levantan contra min.

2 Moitos din da miña alma:

En Deus, non hai para el salvación (Selah)

3 Mais ti, Iaveh, es escudo no meu redor,

a miña gloria, o que ergue a miña cabeza.

4 Coa miña voz, clamei ao Señor,

e El respondeume desde o seu santo monte. (Selah)

5 Eu deiteime e durmín;

espertei, porque o Señor me sostén.

6 Non temerei os dez mil inimigos,

que se puxeron ao meu redor contra min.

7 Érguete, Iaveh! Sálvame, meu Deus!

Porque ti feriches a todos os meus inimigos na meixela,

rompiches os dentes dos impíos.

8 A Salvación ven de Iaveh.

A túa bendición sexa sobre o teu pobo! (Selah)