Salmo 21 Para o director de coro. Salmo de David.

1 Ó Iahveh, o rei alégrase no teu poder,

e canto se goza na túa salvación!,

2 Décheslle o desexo do seu corazón,

e non lle negaches a petición dos teus beizos. (Selah)

3 Con bendizóns saíches ao seu encontro,

e puxeches na súa cabeza coroa de ouro puro.

4 Pediuche vida e décheslla,

días longos, por sempre eternos.

5 A súa groria é grande pola túa salvación,

sobre el puxeches honra e maxestade.

6 Bendecíchelo para sempre;

enchíchelo de ledicia coa túa presenza.

7 Porque o rei confía en Iahveh,

e pola misericordia do Altísimo,

non será abalado.

8 A túa man alcanzará a todos os teus inimigos;

e a túa destra alcanzará os que te odian.

9 No tempo da túa ira convertiralos en forno ardente,

Iahveh tragaraos na súa ira,

e o lume consumiraos.

10 Destruirás o seu froito da terra,

e a súa semente de entre os fillos dos homes.

11 Porque amañaron o mal contra min,

tramaron unha conspiración,

pero non perdurarán.

12 Pois ti farás que fuxan, cos teus arcos

apuntarás contra os seus rostros.

13 Engrandécete ó Iahveh, co teu poder, Canteremos e louvaremos o teu poderío.