Salmo 18 Para o director do coro. Salmo de David, servo de Iahveh, que dirixiu a Iahveh, as palabras desta cantiga o día no que Iahveh, o librou de todos os seus inimigos, e da man de Saúl. E dixo:

1 Eu ámote, Iahveh, miña fortaleza. 2 Iahveh é a miña rocha, o meu baluarte e o meu libertador;

o meu Deus, a miña rocha en quen me refuxio;

o meu escudo e o poder da miña salvación,

a miña altura impenetrabel.

3 Invoco o Señor, que digno é de ser louvado,

e son salvo dos meus inimigos.

4 Rodeáronme os lazos da morte,

sentín o espanto dos torrentes de Belial.

5 Rodeáronme as ataduras do Seol,

as trampas da morte apareceron ante min.

6 Na miña angustia invoquei por Iahveh; e clamei polo meu Deus; desde o seu templo, escoitou a miña voz, e o meu clamor diante del, chegou aos seus ouvidos. 7 Entón a terra abalou e tremeu;

os alicerces dos montes tremeron,

e foron sacudidos, porque El se indignou.

8 Fume saíu do seu nariz,

e o lume da súa boca consumía;

brasas foron prendidas por El

9 Inclinou os ceos e descendeu,

con densas tebras baixo os seus pés.

10 Cabalgou nun querubín e voou,

caendo sobre as ás do vento.

11 Puxo a escuridade por escondedoiro,

con tenda ao redor, escuridade de augas,

nubes densas nos ceos.

12 Polo fulgor da súa presenza,

as densas nubes pasaron,

descargando sarabia e brasas prendidas.

13 Iahveh tronou desde os ceos,

o Altísimo fixo ouvir a súa voz:

sarabia e brasas prendidas!

14 Enviou as súas flechas e dispersounos,

moitos lóstregos e confundiunos.

15 Ante o teu bramar, ó Iahveh, ante o irado soprar do teu nariz, os abismos do mar fixéronse visibles, e os aliceces do mundo descubriron. 16 Estendeu desde o alto a súa man e tomoume,

sacoume das moitas augas.

17 Do meu poderoso inimigo libroume,

e dos que me odiaban,

porque eran máis fortes ca min.

18 Enfrontáronse a min o día do meu quebranto,

porén Iahveh foi o meu apoio.

19 Sacoume a un lugar espazoso,

rescatoume, agradouse de min.

20 Iahveh recompensoume conforme á miña xustiza,

pagoume segundo a pureza das miñas mans,

21 porque gardei os camiños de Iahveh,

non me afastei impiamente do meu Deus.

22 Pois todos os seus preceptos estiveron diante de min,

e non me afastei dos seus estatutos.

23 Fun recto con El,

e tiven conta de non cometer iniquidade.

24 Iahveh recompensou a miña rectitude,

a pureza das miñas mans nos seus ollos

25 Co misericordioso móstraste misericordioso,

e co íntegro, móstraste íntegro.

26 Puro móstraste co puro,

e co perverso es agudo.

27 En verdade, Ti salvas o pobo aflixido,

e humillas os ollos de orgullo.

28 En verdade, ó Iahveh, Ti prendes a miña lámpada,

ó meu Deus, ti alumeas a miña escuridade!

29 En verdade, contigo aplastarei exércitos,

co meu Deus gabearei murallas.

30 O camiño de Deus é perfecto,

a palabra de Iahveh é pura;

Escudo para os que nel se refuxian.

31 Por que quen é Deus senón Iahveh,

quen é a Rocha senón o noso Deus?

32 Deus é quen me cingue de poder,

e quen fai perfecto o meu camiño.

33 Que fai que os meus pés sexan como de cervas,

e pon firmeza nas miñas alturas,

34 que adestra as miñas mans para a loita,

e os meus brazos tensen o arco de bronce.

35 Díchesme tamén o escudo da túa salvación,

a túa destra sustentoume,

a túa bondade hónrame.

36 Agrandas os meus pasos debaixo de min,

e os meus tornocelos non fraquearon.

37 Perseguín os meus inimigos, e captureinos,

e non volvín até acabar con eles.

38 Esnaquiceinos e non puideron erguerse,

caeron debaixo dos meus pés.

39 Cinguíchesme de valor para a batalla,

postraches debaixo de min

os que contra min se levantaron.

40 Puxeches en fuga os meus inimigos,

e puiden destruir os que me odiaban.

41 Clamaron pero non houbo quen os librara,

aínda a Iahveh, pero non lles respondeu.

42 Desfíxenos como po ante o vento,

boteinos como lama nas rúas.

43 Libráchesme das liortas do pobo,

fixéchesme cabeza das nacións,

un pobo que non coñecía, sírveme,

44 Ao ouvirme, obedecen;

os estranxeiros obedécenme.

45 Os estranxeiros esmorecen,

e saen tremendo das súas fortalezas.

46 Viva Iahveh! Bendita sexa a miña Rocha!

Sexa exaltado o Deus da miña salvación,

47 o Deus que executa vIngaza por min,

e suxeita os pobos debaixo de min;

48 líbrame dos meu inimigos.

De certo que me exaltas

sobre os que se alzaron contra min,

e me libras do home violento.

49 Por tanto louvareite, Ó Iahveh!,

e cantarei louvanzas ao teu nome.

50 Grandes vitorias dá El ao seu rei, e mostra misericordia ao seu unxido, a David e á súa desdcendencia, para sempre.