Salmo 13 Para o director do coro. Salmo de David

1 Até cando, ó Iahveh! Esquecerasme para sempre?

até cando, agacharás o teu rostro de min?

2 Até cando hei tomar consello na miña alma,

tendo pesar no meu corazón todo o día?

Até cando o meu inimigo triunfará sobre min?

3 Olla e respóndeme, ó Iahveh, meu Deus;

ilumina os meus ollos, non sexa que durma o sono da morte;

4 non sexa que o meu inimigo diga: vencino;

e os meus adversarios se gocen cando eu sexa aflixido.

5 Pero eu confiei na túa misericordia,

o meu corazón alegrarase na túa salvación.

6 Cantarei a Iahveh porque me encheu de bens.