Capítulo 10

1 Saíndo de alí, Xesús marchou cara Xudea máis aló do río Xordán, e xuntábanse moreas de persoas arredor del, e unha vez máis lles ensinaba como de costume. 2 E achegáronselle os fariseos preguntándolle se lle era lícito a un home divorciarse da súa muller para poñelo a proba. 3 E respondendo El, díxolles: que vos mandou Moisés? 4 Eles dixeron: Moisés permitiu que escribira carta de divorcio e repudiala despois. 6 Pero Xesús díxolles: Pola dureza do voso corazón foi que vos escribiu este mandamento. 5 Pero dende o principio da creación fíxoos home e muller. 7 Por conta disto o home deixará a seu pai e a súa nai, 8 e serán os dous unha soa carne, de xeito que xa non son dous %ver si por masc ou fem%, senón unha soa carne. 9 Daquela, non separen as persoas o que Deus puxo baixo un mesmo xugo. 10 De volta na casa, os discípulos preguntaron outra vez sobre isto. 11 E díxolles: calquera que repudie á súa muller, e case con outra, comete adulterio sobre ela; 12 e se ela repudia ao seu home, e casa con outro, está a cometer adulterio. 13 E traíanlle aos meniños para que os tocara, e os discípulos berráronlles. 14 Pero cando viu Xesús isto, indignouse e díxolles: deixade que os meniños veñan a mín, e non llelo impidades, porque dos que son coma estos é o reino de Deus. 15 De certo vos digo: o que non reciba o reino de Deus coma un meniño, non ha entrar nel. 16 E abrazándoos, bendicíaos, poñendo as mans sobre eles.