Capítulo 11

1 E sucedeu%aconteceu% que cando Xesús terminou%rematou% de dar instrucións aos seus doce discípulos, foise de alí a ensinar e predicar nas cidades deles. 2 E ao oír Xoán no cárcere das obras de Cristo, mandou por medio dos seus discípulos 3 a dicirlle: Es ti o que ha de vir, ou esperaremos a outro? 4 E respondendo Xesús, díxolles: ide e contade a Xoán o que oídes e vedes: 5 os cegos reciben a vista e os coxos andan, os leprosos quedan limpos, os xordos oen, os mortos son resucitados e aos pobres anúnciaselles o evanxeo. 6 E benaventurado%ditoso% é o que non se escandaliza de min. 7 Mentres eles marchábanse%marchaban%, Xesús comezou a falar ás multitudes acerca de Xoán: que saístes a ver no deserto? Unha cana sacudida polo vento? 8 8 Mais, que saístes ver? Un home vestido con roupas finas? Mirade, os que usan roupas finas están nos palacios dos reis. 11 En verdade dígovos que entre os nados de muller non se levantou ninguén maior que Xoán o Bautista; con todo, o máis pequeno no reino dos ceos é maior ca el. 12 E dende os días de Xoán o Bautista ata o de agora, o reino dos ceos sofre violencia, e os violentos conquístano pola forza. 13 Porque tódolos profetas e a lei profetizaron ata Xoán. 14 E se queredes aceptalo, el é Elías, o que había de vir. 15 O que ten oídos, que oia. 16 Pero, con que compararei a esta xeración? É semellante aos raparigos que sentan nas prazas, que dan voces aos outros, 17 din: «tocámosvos a frauta, e non bailastes; entoamos endechas, e non vos lamentastes». 18 Porque veu Xoán que non comía nen bebía, e din: «ten un demo». 19 Veu o Fillo do Home, que come e bebe, e din: «mirade, un home glotón e bebedor de viño, amigo de recadadores de impostos e de pecadores». Pero a sabedoría xustifícase polos seus feitos. 20 Entón comezou a increpar ás cidades nas que fixera a maioría dos seus milagres, porque non se arrepentiron. 21 Ai de ti, Corazín! Ai de ti, Betsaida! Porque se os milagres que se fixeron en vós se fixeran en Tiro e en Sidón, hai tempo que se arrepetirían en cilicio e cinza. 22 Por iso dígovos que no día do xuízo será máis tolerable o castigo para Tiro e Sidón que para vós. 23 E ti, Capernaúm, seica serás elevada ata os ceos? Ata o Hades descenderás! Porque se os milagres que se fixeron en ti se fixeran en Sodoma, esta permanecería ata hoxe. 24 Con todo, dígovos que no día do xuízo será máis tolerable o castigo para a terra de Sodoma que para ti. 25 Naquel tempo, falando Xesús, dixo: %Encómioche%, Pai, Señor do ceo e da terra, porque ocultaches estas cousas a sabios e intelixentes, e llelas revelaches aos nenos. 26 Si, Pai, porque así foi do teu agrado. 27 Todas as cousas fóronme entregadas polo meu Pai; e ninguén coñece ao Fillo, senón o Pai, nen ninguén coñece ao Pai, senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar. 28 Vide a min, todos os que estades cansos e cargados, e eu fareivos descansar. 29 Tomade o meu xugo sobre vós e aprendede de min, que son manso e humilde de corazón, e acharedes descanso para as vosas almas. 30 Porque o meu xugo é fácil e a miña carga lixeira.