Capítulo 16

1 Díxenvos estas cousas para que non teñades tropezo. 2 Expulsaranvos da sinagoga; pero ven a hora cando calquera que vos mate pensará que así cumpre un servizo a Deus. 3 E farán estas cousas porque non coñeceron nen o meu Pai nen a min. 4 Pero díxenvos estas cousas para que cando chegue a hora vos lembredes de que xa vos falara delas. E non vos dixen estas cousas ao principio, porque eu estaba con vós. 5 Pero agora vou ao que me enviou, e ningún de vós me pregunta: Para onde vas? 6 Mais porque vos dixen estas cousas, a tristura encheu voso corazón. 7 Pero eu dígovos a verdade: convenvos que eu marche; porque se non me vou, o Consolador non virá a vós; pero se eu marcho, enviaréivolo 8 E cando El veña, convencerá ao mundo do pecado, da xustiza e do xuizo; 9 do pecado, porque non cren en min; 10 da xustiza, porque eu vou ao Pai e non me veredes máis; 11 e do xuizo, porque o príncipe deste mundo foi xulgado. 12 Teño moitas cousas máis que decirvos, pero agora non as podedes soportar. 13 Pero cando El, o Espírito de verdade, veña, guiaravos a toda a verdade, porque non falará pola súa propia conta senón que dirá só o que ouve; e revelaravos o que virá. 14 El glorificarame, porque tomará do meu e volo revelará. 15 Todo o que ten o Pai é meu; por iso dixen que El toma do meu e volo fará saber. 16 Un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme. 17 Entón algúns dos seus discípulos decíansen uns a outros: Que é isto que nos di: " Un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme" e " Porque eu vou ao Pai" ? 18 Por iso dicían: Que é isto que di: " Un pouco"? Non sabemos de que fala. 19 Xeús sabía que querían preguntarlle e díxolles: Estades discutindo entre vós sobre isto, porque dixen: Un pouco máis, e non me veredes, e de novo un pouco, e verédesme?. 20 En verdade, en verdade vos digo que choraredes e lamentarédesvos, pero o mundo alegrarase; estaredes tristes, pero a vosa tristeza converterase en ledicia. 21 Cando unha muller está no parto, ten abatemento, porque chegou súa hora; pero cando nace a crianza, xa non se lembra da anguria, pola ledicia de que unha crianza teña nacido no mundo. 22 Por tanto vós agora tamén tendes aflición; pero eu vereivos outra vez, e o voso corazón alegrarase, e ninguén vos tirará o gozo. 23 Naquel día non me preguntaredes nada: En verdade, en verdade vos digo: se pedides algo ao Pai, darávolo no meu nome. 24 Até agora nada pedistes no meu nome; pedide e receberedes, para que o voso gozo sexa pleno. 25 Estas cousas faleivos en linguaxe figurado; ven o tempo cando nos vos falarei en linguaxe figurado senón que vos falarei do Pai claramente. 26 Nese día pediredes no meu nome, e non vos digo que eu rogarei ao Pai por vós, 27 pois o Pai mismo ámavos, porque vós amástesme e crestes que eu saín do Pai. 28 Saín do Pai e viñen ao mundo; outra vez deixo o mundo e vou ao Pai. 29 Os seus discípulos dixéronlle: Velaí que agora falas claramente e non empregas linguaxe figurado. 30 Agora entendemos que ti sabes todas as cousas, e non precisas que ninguén che pregunte; por iso cremos que ti viñeches de Deus. 31 Xesús respondeulles: Agora credes?. 32 Ollade, a hora ven, e xa chegou, en que seredes dispersos, cada un polo seu lado, e deixarédesme só; e porén non estou só, porque o Pai está comigo. 33 Estas cousas faleivos para que teñades paz en min. No mundo teredes tribulación; pero confiade, eu vencín ao mundo.