Capítulo 14

1 Non se perturbe o voso corazón. Crede en Deus, crede tamén en min. 2 Na casa do meu pai hai moitas moradas; se non fose así non volo houbese dito; porque vou preparar un lugar para vós. 3 E se me vou e preparo un lugar para vós, virei outra vez, e tomareivos comigo; para que onde eu estou, alí tamén estedes vós. 4 E coñecedes o camiño onde vou. 5 Díxolle Tomás: Señor, se non sabemos onde vas, como imos coñecer o camiño?. 6 Xesús díxolle: Eu son o camiño, e a verdade, e a vida; ninguén ven ao Pai senón por min. 7 Se me houbérades coñecido, houberades coñecido ao meu Pai; dende agora coñecédelo e o tedes visto. 8 Felipe díxolle: Señor móstranos ao Pai e bástanos. 9 Xesús díxolle: Tanto tempo estiven con vós, e aínda non me coñeces, Felipe? O que me viu a min, viu ao Pai. Como dis ti? Mostranos ao pai?. 10 Non cres que eu estou no pai e o Pai en min? As palabras que eu vos digo, non as falo pola miña propia conta, senón que o Pai que mora en min é o que fai as obras. 11 Creédeme que eu estou no Pai, e o Pai en min; e se non, crede polas propias obras. 12 En verdade, en verdade vos digo, : o que cre en min, as obras que eu fago, el tamén as fará; e aínda maiores que estas fará, porqeu eu vou ao Pai. 13 E todo o que pidades no meu nome, fareino, para que o Pai sexa glorificado no Fillo. 14 Se me pedides algo no meu nome, eu fareino. 15 Se me amades gardaredes os meus mandamentos. 16 E eu rogarei ao Pai , e el daravos outro Consolador para que esté con vós para sempre; 17 é dicir, o Espírito de verdade, a quen o mundo non pode receber, porque nen o ve nen o coñece; pero vós si que o coñecedes porque mora en vós e estará en vós. 18 Non vos deixarei orfos.; virei a vós. 19 Un pouco de tempo e o mundo non me verá máis, pero vós verédesme; porque eu vivo, vós tamén viviredes. 20 Nese día coñeceredes que eu estou no Pai, e vós en min, e eu en vós. 21 O que ten os meus mandamento e os garda, ese é o que me ama; e o que me ama será amado polo meu Pai; e eu amareino e manifestareime a el. 22 Díxolle Xudas ( non o Iscariote) : Señor, e que aconteceu que te vas manifestar a nós e non ao mundo? 23 Xesús respondeu e díxolle: Se algún me ama, gardará miña palabra; e o meu Pai amarao, e viremos a el, e faremos morada con el. 24 O que non me ama, non gardará as miñas palabras; e a palabra que ouvides, non é miña, senón do Pai que me enviou. 25 Estas cousas díxenvos estando con vós. 26 Pero o Consolador, o Espírito Santo, a quen o Pai enviará no meu nome, el ensinaravos todas as cousas, e vos lembrará todo o que vos dixen. 27 Déixovos a paz, a miña paz vos dou. Non vola dou como o mundo a da. Non se perturbe o voso corazón nen teña medo. 28 Ouvistes que eu vos dixen: " Voume e virei a vós". Se me amárades, alegraríadesvos porque vou ao Pai, pois o Pai é maior ca min. 29 E xa volo dixen agora, antes que aconteza, , para que cando aconteza, creades. 30 Non falarei moito máis con vós, porque ven o príncipe deste mundo, e el non ten nada en min; 31 pero para que o mundo saiba que eu amo ao Pai, e como o Pai me mandou, así fago. Levantádevos, ímonos de aquí. 30 Non falarei moito máis con vós, porque ven o príncipe deste mundo, e el non ten nada en min; pero 31 para que o mundo saiba que eu amo ao Pai, e como o Pai me mandou, así fago. Levantádevos, ímonos de aquí.