Capítulo 13

1 Antes da festa da Páscoa, sabendo Xesús que a súa hora chegara para pasar deste mundo ao Pai, habendo amado aos seus que estaban no mundo, amounos até o fin. 2 E durante a cea, como o demo xa puxera no corazón de Xudas Iscariote, fillo de Simón, que o traizoara, 3 Xesús, sabendo que o Pai puxera todas as cousas nas súas mans, e que de Deus viñera e a Deus ía, 4 ergueuse da cea e tirou o seu manto, e tomando unha toalla, envolveuse nela. 5 Logo botou auga nunha tina, e comezou lavarlle os pés dos discípulos e a secarllos coa toalla na que estaba envolto. 6 Entón chegou a Simón Pedro e este díxolle: Señor, ti lávasme a min os pés? 7 Xesús respondeu e díxolle: Agora ti non comprendes o que fago, pero despois o entenderás. 8 Pedro contestoulle: Xamáis me lavarás os pés! Xesús respondeulle: Se non te lavo, non tes parte comigo. 9 Simón Pedro díxolle: Señor, logo non só os pés, senón tamén as mans e a cabeza. 10 Xesús díxolle: O que se bañou non precisa lavarse, salvo os pés, pois está todo limpo;e vós estades limpos, pero non todos. 11 Porque sabía que o ía entregar; por iso dixo: Non estades todos limpos. 12 Entón, cando acabou de lavarlles os pés, tomou o seu manto, e sentándose á mesa outra vez, díxolles: Sabedes o que vos fixen? 13 Vós chamádesme Mestre e Señor, e tendes razón, porque o son. 14 Pois se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, vós tamén debedes lavarvos os pés os uns aos outros. 15 Porque vos din exemplo, para que como eu volo fixen, vos o fagades tamén. 16 En verdade, en verdade vos digo: un servo non é maior que o seu Señor, nen un enviado é maior que quen o enviou. 17 Se sabedes isto, seredes felices se o facedes. 18 Non falo de todos vós, eu coñezo aos que escollín; pero é para que se cumpra a Escritura: "O que come o meu pan, levantou contra min o seu calcañar". 19 Dígovolo dende agora, antes de que pase, para que cando aconteza, creades que eu son. 20 En verdade, en verdade vos digo: o que recibe a quen eu envíe, recíbeme a min; e o que me recibe a min, recibe ao que me enviou. 21 Habendo dito Xesús isto, anguriouse en espírito, e testimoñou e dixo: En verdade, en verdade vos digo que un de vós entregarame. 22 Os discípulos mirábanse uns aos outros, e estaban sorprendidos sen saber de quen falaba. 23 Un dos discípulos, o que Xesús amaba, estaba na mesa recostado no peito de Xesús. 24 Por iso Pedro fíxolle sinais e díxolle: Dinos de quen fala. 25 El, recostándose novamente sobre o peito de Xesús, díxolle: Señor, quen é? 26 Entón Xesús respondeu: É aquel a quen eu darei o pan que vou mollar. E despois de tomar o pan tomouno e deullo a Xudas, fillo de Simón Iscariote. 27 E despois do bocado, Satanás entrou nel. Entón Xesús díxolle: O que vas facer, faino pronto. 28 Pero ningún dos que estaban sentados á mesa entendeu porque lle dixo isto. 29 Porque algúns pensaban que como Xudas tiña a bolsa do diñeiro, Xesús decíalle: Compra o que precisamos para a festa, ou dera algo para os pobres. 30 E Xudas, despois de receber o bocado, saiu de inmediato; e xa era noite. 31 Entón cando saiu Xesús dixo: Agora é glorificado o Fillo do Home, e Deus é glorificado nel. 32 Se Deus é glorificado nel, Deus tamén o glorificará en si mesmo, e glorificarao de seguido. 33 Filliños, estarei con vós un pouco máis de tempo. Buscarédesme, e como dixen aos xudeus, agora tamén volo digo a vós: onde eu vou, vós non podedes vir. 34 Un mandamento novo vos dou: que vos amedes uns aos outros; que como eu vos amei, así tamén vos amedes uns aos outros. 35 Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos, se tedes amor uns polos outros. 36 Simón Pedro díxolle: Señor, onde vas? Xesús respondeu: Onde eu vou, ti non podes seguir agora, pero seguirasme despois. 37 Pedro díxolle: Señor, por que non te podo seguir agora mesmo? Eu darei a miña vida por ti!. 38 Xesús respondeulle: A túa vida darás por min?. En verdade, en verdade che digo: non cantará o galo sen que antes me teñas negado tres veces.