Capítulo 11

1 E estaba doente un home de nome Lázaro, de Betania, a aldea de María e da súa irmá Marta. 2 María, que tiña ao seu irmán Lázaro doente, foi a que unxiu o Señor con perfume e secoulle os pes cos seus cabelos. 3 As dúas irmás mandaron recado a Xesús: Señor, olla, o que ti amas está doente. 4 Cando o ouviu Xesús dixo: Esta efermidade non é para morte, senón para a gloria de Deus, para que o Fillo de Deus sexa glorificado por ela 5 E Xesús amaba a Marta, a súa irmá e a Lázaro. 6 Cando ouviu, pois, que Lázaro estaba doente, entón quedouse dous días máis no lugar onde estaba. 7 Logo, despois disto, dixo aos seus discípulos: Imos outra vez a Xudea 8 Os discípulos dixéronlle: Rabí, hai pouco que os xudeus procuraban lapidarte, e vas outra vez alá? 9 Xesús respondeu: Non hai doce horas no día? Se algún anda de día non tropeza, porque ve a luz deste mundo. 10 Pero se algún anda de noite, tropeza, porque a luz non está nel. 11 Dixo isto, e logo disto engadiu: O noso amigo Lázaro adormeceu; vou espertalo. 12 Entón os discípulos dixéronlle: Señor se adormeceu, salvarase. 13 Pero Xesús falara da morte de Lázaro máis eles creron que falaba literalmente do sono. 14 Entón Xesús, por iso, díxolles claramente: Lázaro morreu; 15 e por causa de vós, alégrome de non ter estado alí, para que creades. Pero imos onde el está. 16 Tomás, chamado o Dídimo, dixo entón aos seus condiscípulos: Vamos nós tamén para morrer con el. 17 Chegou, pois, Xesús e encontrou que xa había catro días que estaba no sepulcro. 18 Betania estaba perto de Xerusalém, como a tres kilómetros; 19 e moitos dos xudeus viñeran a casa de Marta e María, para consolalas pola morte do seu irmán. 20 Entón Marta, cando ouviu que Xesús viña, saíulle ao encontro, pero María ficou sentada na casa 21 E Marta dixo a Xesús: Señor, se houbeses estado aquí o meu irmán non tería morrido. 22 Con todo, eu sei que todo o que pidas a Deus, Deus cho concederá. 23 Xesús díxolle: O teu irmán resucitará. 24 Marta contestoulle: Eu sei que resucitará na resurreción, no día final. 25 Xesús díxolle: Eu son a resurreción e a vida; o que cre en min, aínda que morrera, vivirá, 26 e todo o que vive e cre en min, xamáis morrerá, credes isto? 27 Ela díxolle: Si Señor, eu crin que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, o Que Vén, ao mundo. 28 E logo de dicir isto, foise e chamou a súa irmá María, dicíndolle en segredo: O Mestre está aquí, e chámate. 29 Tan pronto como ela o ouviu, ergueuse de súpeto, e foi xunto del. 30 Pois Xesús aínda non entrara na aldea, senón que todavía estaba no lugar onde Marta o encontrara. 31 Entón os xudeus que estaban con ela na casa consolándoa, cando viron que María se ergueu con présa e saíu, seguírona, supoñendo que ía ao sepulcho a chorar alí. 32 Cando María chegou onde estaba Xesús, ao velo, botouse entón aos seus pés, dicíndolle: Señor, se houbeses estado aquí, o meu irmán non tería morrido. 33 E cando Xesús a viu chorar, e aos xudeus que viñeran con ela chorando tamén, conmoveuse profundamente no espírito, e entristeceuse, 34 e dixo: Onde o puxestes? Dixéronlle: Señor ven e mira. 35 Xesús chorou. 36 Por iso os xudeus dicían: Ollade como o amaba. 37 Pero algúns deles dixeron: Non podía este, que abriu os ollos ao cego, ter evitado tamén que morrera Lázaro? 38 Entón Xesús, de novo conmovido profundamente no seu interior, foi ao sepulcro. Era unha cova, e tiña unha pedra posta sobre ela. 39 Xesús dixo: Quitade a pedra. Marta, irmá do que morrera díxolle: Señor, xa cheira, porque hai catro días que morreu. 40 Xesús díxolle: Non che dixen que se cres verás a gloria de Deus? 41 Entón quitaron a pedra. Xesús alzou os ollos ao alto e dixo: Pai douxe as grazas porque me ouviches. 42 Eu sabía que sempre me ouves; pero díxeno por causa da multitude que está ao redor, para que crean que ti me enviaches 43 Habendo dito isto, berrou con voz forte: Lázaro, vén fora! 44 E o que estivera morto saíu, os pés e as máns atadas con vendas, e o rostro envolto nun lenzo. Xesús díxolles: desatádeo e deixadeo ir 45 Por isto moitos dos xudeus que viñeran ver a María, e viron o que Xesús fixera, creron nel. 46 Pero algúns deles foron onda os fariseos e lles contaron o que Xesús fixera. 47 Entón os principais sacerdotes e os fariseos convocaron un concilio, e dicían: Que faremos? Porque este home fai moitos sinais. 48 Se lle deixamos seguir así, todos van crer nel, e os romanos virán e quitarannos o noso lugar e a nosa nación. 49 Pero un deles, Caifás, que era sumo sacerdote ese ano, díxolles: Vós non sabedes nada, 50 nen tendes en conta que máis vos convén que un home morra polo pobo, e que toda a nación non pereza. 51 Agora ben, non dixo isto de si mesmo, senón que sendo sumo sacerdote ese ano, profetizou de que Xesús ía morrer pola nación; 52 e non só pola nación, senón tamén para xuntar nun os Fillos de Deus que estaban dispersos. 53 Así que, dende ese día conspiraron xuntos para matalo. 54 Por iso Xesús xa non andaba publicamente entre os xudeus, senón que foise dalí á rexión preto do deserto, a unha cidade chamada Efraín; e quedouse alí cos discípulos. 55 E estaba próxima a Páscoa dos xudeus, e moitos da rexión subiron a Xerusalém antes da Páscoa para se purificar. 56 Entón buscaban a Xesús, e estando eles no templo, dicíanse uns aos outros: Que vos parece? Que non virá á festa?. 57 E os principais sacerdotes e os fariseos diran ordes de que se alguén sabía onde estaba Xesús, dise aviso para prendelo.