Capítulo 28

1 E unha vez a salvo, foi que soubemos que a illa tiña por nome Malta. 2 E os nativos mostráronnos o seu agarimo, porque por mor da chuva e do frío, fixeron lume e acolléronnos a todos. 3 Pero cando Pablo recolleu algunhas ramas secas e as botou no lume, unha víbora saiu fuxindo da calor e traboulle na man. 4 E os nativos, cando viron que o animal penduraba da súa man, dicían entre eles: abofé que este home é un asasino, pois mesmo que foi salvado do mar, a Xustiza non lle deixou vivir. 5 Pablo, sacudindo a víbora da man, botouna ao lume e non sufriu dano algún. 6 E eles agardaban que comezara a incharse, ou que de súpeto caera morto. Mais despois de moito agardar e vendo que nada malo lle pasaba, mudaron de parecer e dixeron que era un deus. 7 Preto de alí había uns terreos do home principal da illa, chamado Publio, que nos recibiu e nos hospedou bondadosamente por tres días. 8 E sucedeu que o pai de Publio xacía na cama, adoecido con febre e disentería; e Pablo entrou a velo, e despois de orar puxo as mans sobre él, e sanouno. 9 Cando pasou isto, os demáis nativos da illa que tiñan enfermidades viñan a él e eran curados. 10 Tamén nos honraron con moitas atencións, e ao zarpar abastecéronnos con todo o necesario. 11 Despois de tres meses, fixémonos á vela nunha nave alexandrina que invernara na illa e levaba como insignia a Dióscuros. (os xemelgos Cástor e Pólux) 12 Cando chegamos a Siracusa, quedamos alí por tres días. 13 E zarpando de alí, seguimos pola costa ata chegar a Rexio. Ao día seguinte púxose o vento do sur, e en dous días chegamos a Puteoli. 14 Alí atopamos a algúns irmáns que nos invitaron a quedar con eles por sete días. E así chegamos a Roma. 15 Cando os irmáns souberon da nosa chegada, viñeron dende aló a recibirnos ata o Foro de Apio e As tres Tabernas; e cando Pablo alcanzou a velos, deu gracias a Deus e colleu folgos. 16 Cando entramos en Roma, permitíuselle a Pablo vivir aparte, custodiado por un soldado. 17 E aconteceu que tres días despois, el convocou aos principais dos xudeus e unha vez reunidos díxolles: irmáns, sen ter feito nada na contra do noso pobo nen contra das tradicións dos nosos devanceiros, dende Xerusalén fun entregado preso nas mans dos romanos. 18 E cando me interrogaron, quixeron soltarme, pois non atoparon causa para condearme a morte. 19 Pero cando os xudeus se opuxeron, vinme na obriga de apelar ao César, mais non porque tivese algunha acusación na contra do meu pobo. 20 Polo tanto, por esta razón pedín vervos e falarvos, porque pola causa da esperanza de Israel é que levo enriba esta cadea. 21 E eles dixeron: nós nen recibimos cartas de Xudea sobre ti, nen se achegou aquí ningún dos teus irmáns informando ou falando cousa mala de ti. 22 Pero desexamos oír de ti o que ensinas, porque o que sabemos desta secta é que en todas partes se fala en contra dela. 23 E poñéndolles día, viñeron moitos onde el descansaba, e da mañá á tarde explicáballes testificando fielmente sobre o reino de Deus, e procurando persuadilos sobre Xesús, tanto pola lei de Moisés coma polos profetas. 24 Algúns eran convencidos co que se dicía, pero outros non crían. 25 E estando en desacordo entre eles despedíronse despois de que Pablo engadiu unha palabra máis: ben falou o Espírito Santo por medio do profeta Isaías aos vosos devanceiros, 26 dicindo: vai a este pobo e di: "ao oír oiredes, e de ningún xeito entenderedes; e vendo veredes, e de ningún xeito percibiredes, 27 porque o corazón deste pobo endureceuse, e con dificultade oen os seus oídos; e pecharon os seus ollos; non sexa que vexan cos ollos, e oian cos oídos, e entendan co corazón, e se arrepintan, e Eu os sane. 28 Sabede, polo tanto, que esta salvación de Deus foi enviada aos xentís. Eles sí oirán. 29 E dito isto, os xudeus marcharon, rifando entre eles. 30 E Pablo quedou por dous anos enteiros na habitación que alquilaba, e recibía a todos os que o ían ver, 31 predicando o reino de Deus, e ensinando todo o concerniente ao Señor Xesús Cristo con toda liberdade, sen estorbo.