Capítulo 25

1 Festo, entón, aos tres dias de chegar á provincia, subiu a Xerusalén dende Cesarea. 2 E os principais sacerdotes e os xudeus máis influíntes presentaron demanda contra Pablo, e rogábanlle, 3 pedindo un favor na súa contra; que o fixera traer a Xerusalén ( preparando eles, ao tempo, unha emboscada para matalo no camiño). 4 Pero Festo respondeu que Pablo estaba baixo custodia en Cesarea, e que axiña sairía él cara alá. 5 Entón, díxolles, os que de entre vós teñan autoridade, baixen comigo e se hai algo impropio no home, acusadeo. 6 Logo de quedar con eles por uns oito ou dez días, non máis, baisxou a Cesarea, e ao día seguinte sentou no tribunal e mandou que trouxeran a Pablo. 7 Cando éste chegou, rodeárono os xudeus que baixaran de Xerusalén, presentando na súa contra moitas e graves acusacións que non podían probar, 8 mentres Pablo dicía en defensa propia: non cometín delito algún, nen contra da lei dos xudeus, nen contra do templo, nen contra o César. 9 Pero Festo, querendo facer un favor aos xudeus, respondeu a Pablo e dixo: estás disposto a ir a Xerusalén e a seres xulgado diante miña por estas acusacións? 10 Entón Pablo respondeu: ante o tribunal do César estou, que é onde debo ser xulgado. Ningunha ofensa lle fixen aos xudeus, como moi ben sabes ti. 11 Polo tanto, se son culpable, e fixen algo digno de morte, non rexeito morrer; pero se ningunha de esas cousas das que estos me acusan, é verdade, ninguén me pode entregar a eles. Apelo ao César. 12 Entón Festo, logo de consultar con consello, respondeu: ao César apelaches, ao César has ir. 13 Pasados varios días, o rei Agripa e Berenice chegaron a Cesarea e foron saudar a Festo. 14 Como estiveron alí moitos días, Festo presentou o caso de Pablo ante o rei, dicindo: hai un home que Félix deixou preso, 15 sobre o que, estando en Xerusalén, os principais sacerdotes e os anciáns dos xudeus presentaron acusacións na súa contra, pedindo unha sentencia condenatoria en contra del. 16 Eu respondinlles que non é costume entres os romanos, entregar a un home sen que antes o acusado confronte aos seus acusadores, e teña a oportunidade de defenderse dos cargos. 17 Así que, cando se reuniron aquí, non demorei, senón que ao día seguinte, sentei no tribunal e mandei que trouxeran ao home. 18 E levantándose os acusadores, non presentaban cargo algún das cousas perversas que eu sospeitaba, 19 senón que tiñan na súa contra algúns puntos de desacordo respeto da súa relixión, a sobre un tal Xesús, xa morto, de quen Pablo afirmaba que estaba vivo. 20 E estando eu perplexo con toda esta polémica, pregunteille se quería ir a Xerusalén e ser xulgado aló por estas cousas. 21 Pero como Pablo apelou para que fose gardado baixo custodia, para que o emperador dese o seu fallo, mandei custodialo ata envialo ao César. 22 Entón Agripa díxolle a Festo: a min tamén me gustaría escoitar ao home. Mañán, dixo Festo, oiralo. 23 Así que, ao día seguinte, cando Agripa e Berenice con moita pompa, entraron no salón de audiencia, acompañados polos tribunos e os homes máis importantes da vila, Festo mandou traer a Pablo. 24 E dixo Festo: Rei Agripa e demáis presentes aquí con nós, velaquí vedes a este home, sobre o que todo o pobo xudeu, tanto aquí coma en Xerusalén, me fixo unha petición declarando a berros que non debe vivir máis. 25 Pero eu descubrín que non hai en el nada digno de morte, e como el mesmo apelou ao emperador, decidín envialo. 26 Pero non teño nada en concreto que escribirlle ao soberano sobre el, polo tanto tróuxeno diante de vós, e especialmente diante de ti, rei Agripa, para que logo de interrogalo, eu teña algo que escribir. 27 Pois paréceme ilóxico enviar a un preso e non indicar os cargos que existan na súa contra.