Capítulo 20

1 Logo de que rematara o rebumbio, Paulo mandou chamar polos dicípulos, animounos, despediuse deles e marchou para Macedonia. 2 Despois de percorrer aquelas rexions e telos animado moito, chegou a Grecia. Botou tres meses alí. 3 Cando estaba a punto de embarcar para Siria, os xudeos que estaban contra del argallaron unha conspiracón, así que decidiu voltar a Macedonia. 4 E o acompañban Sópater de Berea, fillo de Pirro; os tesalonicenses Aristarco e Segundo, Gaio de Derbe, e Timoteo; os asiáticos Tíquico e Trófimo. 5 Mais este se adiantaran e nos esperaban en Troas. 6 Despois da festa da Pascua, embarcámonos en Filipos, e en cinco días chegamos onde eles estaban en Troas, e quedamos alí sete días. 7 O primeiro día da semán, cando estabamos reunidos para partir o pan, Paulo, pensando en marchar ao día seguinte, lles falaba e prolongou o seu discurso ata a meia noite. 8 Había moitas lámpadas no cuarto alto onde estabamos reunidos 9 Un xoven chamado Eutico esta sentado na ventá; e como Paulo seguiu a falar, foi caendo nun sono profundo, ata que, vencido polo sono, caeu desde o terceiro piso e o recolleron morto. 10 Mais Paulo baixou e se botou sobre el, e despois de abrazálo dixo: Non vos asustedes, porque el está vivo. 11 Subiu, despois de partir o pan e de comer, conversou moito tempo con eles ata o amencer, e marchou. 12 E levaron ao rapaz vivo e tiveron grande consolo. 13 Entón nós, adiantándonos a embarcar rumbo a Asón, coa intención de recoller alí a Paulo, xa que dispuxera de ir por terra ata Asón. 14 Cando nos encontrou en Asón, trouxémolo a bordo e nos diriximos a Mitilene. 15 E partimos de alí, ao día seguinte chegamos a Quío, e ao outro día atracamos en Samos; e ao día seguinte chegamos a Mileto. 16 Porque Paulo decidira pasar de longo por Éfeso para non parar en Asia, xa que apuraba para estar, si lle era posible, o día de Pentecostés en Xerusalén. 17 E desde Mileto mandou chamar polos ancianos da igrexa. 18 Cando chegaron onda el, lles dixo: Vós tamén sabedes como fun con vós todo este tempo, desde o primeiro día que estiven en Asia, 19 servindo ao Señor con toda humildade e con bágoas e con probas que me sobrevineron por causa das maquinacions dos xudeos; 20 como non agachei nada que vos puidese ser util e de ensinarvos publicamente e de casa e en casa, 21 testificando solemnente, tanto a xudeos como a gregos, do arrepentimento para con Deus e da fe no noso Señor Xesús Cristo. 22 E agora, velaí que, obrigado polo espírito, vou para Xerusalén, sen saber o que me ocorrirá alá, 23 salvo que o Espirito Santo me avisa en cada cidade, dicindo que me agardan cadeas e afliccións. 24 Mais de nungún xeito estimo a miña vida como valiosa para min mesmo, a fin de poder terminar a miña carreira e ministerio que recibín do Señor, para dar testemuña verdadeira do evanxeo da Gracia de Deus. 25 E agora, velaí, eu sei que ningún de vós, entre os que andiven predicando do reino, voltará verme. 26 Polo tanto, douvos testemuña neste día de que son inocente do sangue de todos, 27 porque nunca rexeitei declararvos todo o propósito de Deus 28 Tende coidado de vós e de todo a rabaño, no medio do que o Espírito Santo vos puxo como bispos para pastorear a igrexa de Deus, que comprou co seu proprio sangue. 29 Sei que despois da miña marcha, virán lobos fero entre vós que no perdoarán o rabaño, 30 e que dentre vós mesmos se levantarán algúns falando cousas perversas para arrastrar aos dicípulos tras deles. 31 Polo tanto, estade vixiantes, recordando que por tres anos, de noite e de día, non parei de aconsellarvos a cada un con bagoas. 32 Agora vos encomendo a Deus e á palabra da súa gracia, que é poderosa para edificarvos e darvos a herdanza entre todos os santificados. 33 Nunca codiciei a prata, o ouro, ou a roupa de ninguén. 34 Vós sabedes que estas mans me serviron para cubrir as miñas proprias necesidades e as dos que estaban comigo. 35 En todo vos amosei que así, traballando, debedes axudar ao débiles e recordar as palabras do Señor Xesús , que dixo: "Máis benaventurado é dar que recibir" 36 Cando terminou de falar, axoellouse e orou por eles. 37 E comezaron a chorar desconsoladamente, e abrazando a Paulo, besábanno. 38 Especialmente aflixidos porque dixera que non o voltarian a ver. E o acompañaron ata o barco.