Capítulo 19

1 E aconteceu que mentres Apolos estaba en Corinto, Pablo, chegou a Éfeso logo de percorrer as rexións superiores, a atopou a algúns discípulos, 2 e díxolles: recibistes o Espírito Santo cando crestes? e eles responderon: nen sequera ouvimos se hai un Espírito Santo. 3 El díxolles: en que bautismo foi que fostes bautizados? eles responderon: no bautismo de Xoan. 4 Entón Pablo dixo: Xoan bautizou ao pobo co bautismo de arrepentimento, dicindo que creran no que viría despois de el, é dicir, en Xesús. 5 Cando a xente escoitou isto, foron bautizados no nome do Señor Xesús. 6 E cando Pablo lles impuxo as mans, veu sobor deles o Espírito Santo, e falaban en linguas e profetizaban. 7 Eran en total uns doce homes. 8 Entrou Pablo na sinagoga, e por tres meses falou con ousadía, discutindo e convencendo en torno ao reino de Deus. 9 Pero cando algúns deles se endureceron e tornaron desobedientes falando mal do Camiño diante da multitude, Pablo afastouse deles levando con el aos discípulos, e discutía a cotio na escola de Tirano. 10 Isto continuou por dous anos, de xeito que todos os que vivían en Asia ouviron a palabra do Señor, tando xudeus coma gregos. 11 E Deus facía milagres non comúns polas mans de Pablo, 12 de tal xeito que levaban panos ou delantais de seu aos doentes, e as enfermidades alonxábanse deles e os espíritos malignos saían. 13 Entón algúns xudeus, exorcistas ambulantes, procuraron invocar no nome do Señor Xesús sobre os que tiñan espíritus malignos, dicindo: ordénovos por Xesús, a quen Pablo predica. 14 E isto facían sete fillos dun tal Esceva, sumo sacerdote xudío. 15 Pero un espírito maligno respondeu e díxolles: A Xesús coñezo, e sei quen é Pablo, pero, quen sodes vós? 16 E o home no que estaba o espírito maligno, botouse enriba deles, a dominounos e puido máis ca eles, de xeito que fuxiron daquela casa espidos e feridos. 17 E foi sabido isto por todos os habitantes de Éfeso, tanto xudeus coma gregos; e o temor apoderouse de todos eles, e o nome do Señor Xesús era engrandecido. 18 Tamén moitos dos que creran seguían vindo, confesando e declarando as súas prácticas. 19 Entón, moitos dos que practicaban as artes máxicas, xuntando os seus libros, prendéronlles lume diante de todos, e botando contas do seu valor, viron que eran como cincuenta mil moedas de prata. (probablemente dracmas gregas. unha dracma equivale a un día de xornal) 20 Así medraba con poder a palabra do Señor e prevalecía. 21 Pasadas estas cousas, Pablo propúxose no seu espírito ir a Xerusalem logo de percorrer Macedonia e Acaia, dicindo: despois de que vaia alí, debo visitar tamén Roma. 22 E enviando a Macedonia a dous dos seus axudantes, Timoteo e Erasto, quedou el en Asia por algún tempo. 23 Por aquel entón, produciuse un albordo nnon pequeno por mor do Camiño. 24 Porque un prateiro chamado Demetrio, que facía santuarios de prata de Artemisa e producía non poucas ganancias aos artesáns, 25 xuntou a estos cos obreiros de oficios semellantes, e dixo: compañeiros, sabedes que a nosa prosperidade depende deste comercio. 26 E vedes e escoitades que non só en Éfeso, senón en case toda Asia, este Pablo convenceu a moitas persoas, e afastounas, dicindo que os deuses feitos coas mans non son deuses verdadeiros. 27 E non só corremos perigo de que o noso oficio caia en descrédito, senón tamén de que o templo da gran deusa Artemisa sexa considerado sen valor, e que ela, a quen adora toda Asia e o mundo enteiro, sexa despoxada da sua grandeza. 28 Cando escoitaron isto, enchéronse de carraxe, e berraban, dicindo: grande é Artemisa dos efesios! 29 E a cidade encheuse de confusión, e a unha lanzáronse ao teatro e riparon a Gaio e a Aristarco, os compañeiros de Pablo, que eran de Macedonia. 30 Cando Pablo quixo presentarse ante o pobo, os discípulos non llelo permitiron. 31 Tamén algúns dos asiarcas que eran amigos seus, enviaron a rogarlle que non se presentara no teatro. 32 Así que uns berraban unha cousa e outros outra, pois os que estaban alí estaban tan aturullados, que non sabían nen para que se reuniran. 33 E de entre a multitude, empurraron a Alexandre instruido polos xudeus, quen acenando coa man, quería facer a súa defensa diante da xente. 34 Pero cando caeron en conta de que era xudío, berraron como por dúas horas: grande é Artemisa dos efesios! 35 Entón o secretario, logo de acougar á multitude, dixo: cidadáns de Éfeso, haberá alguén que non saiba que a vila de Éfeso é gardiá do templo da gran Artemisa e do caído do ceo? 36 Xa que estos son feitos innegables, debedes acougar e non facer nada apuradamente. 37 Porque trouxestes a estos homes que nen rouban templos, nen blasfeman á nosa deusa. 38 Así pois, se Demetrio e os artesáns que están con el teñen queixa contra algún, os tribunais están abertos e os procónsules dispostos; presentade as vosas acusacións uns contra doutros. 39 E se solicitades algo máis, decidirase en asamblea lexítima. 40 Pois certamente corremos perigo de ser acusados de sedición en relación ao acontecido hoxe, xa que non existe causa xustificada para isto, e non podemos xustificar este albordo. 41 E dito isto, despediu a reunión. ======= 38 Polo tanto, si Demetrio e os artesán querens estan con él teñen unha acusación contra alguén, os Xulgados están abertos e haí teñen procónsules. Déixenos que se acusen entre eles. 39 Pero se buscan algo noutros asuntos hai que decidilo na Asamblea ordinaria. 40 Porque certamentemestamos en perigo de ser acusados po lo desturbio de oxe. No¡n hai pra iste barullo, e nos non seriamos quen de esplicalo. 41 Cando él dixo isto, él despediu a asamblea. >>>>>>> 6ed00a761fea738aa182c074b42dbdfd9b8cc8ab