Capítulo 17

1 Despois de pasar por Anfípolis e por Apolonia, chegaron a Tesalónica, onde había unha sinagoga de xudeos. 2 E Paulo, segundo o seu costume, foi a eles e durante tres días de repouso discutiu con eles baseandose nas Escrituras. 3 explicando e presentando as evidencias de que era necesario que o Cristo padecera e resucitara de entre os mortos, dicindo: Este Xesús, a quen eu vos anuncio, é o Cristo. 4 Alguns deles creron e se uniron a Paulo e a Silas, xuntamente cunha grande multitude de gregos temerosos de Deus e moitas mulleres importantes. 5 Mais os xudeos incredulos cheos de envexa, levaron a alguns homes malvados da praza pública, organizaron unha turba e axitaron a cidade, e, asaltando a casa de Xasón, procuraban leválos diante do povo. 6 Ao non encotrálos, arrastraron a Xasón e a algúns irmáns ante as autoridades da cidade, berrando: Eses, que revolucionaron o mundo, 7 tamén viñeron aquí e Xasón os recibiu, e todos van contra os decretos do César, dicindo que hai outro rei, Xesús. 8 E alborotaron a toda a multitude e as autoridades da cidade que ouvían tal. 9 Mais despois de recibir unha fianza de Xasón e dos outros, os soltaron. 10 De seguida, pola noite, os irmáns enviaron a Pablo e Silas a Berea. Ao Chegaren, foron a sinagoga dos xudeos. 11 Estes eran máis nobres que os de Tesaliónica, pois recibiron a palabra con todo interese, profundizando diariamente nas Escrituras, para veren se estas cousas eran así. 12 Por iso, moitos deles creron, así como tamén moitos gregos, homes e mulleres notables. 13 Mais cando os xudeos de Tesalónica souberon que Paulo predicara a palabra de Deus tamén en Berea, foron para alá para axitar e alborozar ás multitudes. 14 Entón os irmáns enviaron a Paulo inmediatamente cara o mar; mais Silas e Timoteo quedaron alí. 15 Os que guiaban a Paulo o levaron ata Atenas; e, despois de recibir a orde de que Silas e Timoteo se uniran a el o mais axiña posible, marcharon. 16 Mentre Paulo agardaba por eles en Atenas, consumíase por dentro ao ver a cidade chea de ídolos. 17 Así que discutía na sinagoga cos xudeos e cos xentís temerosos de Deus, e todos os días na praza de mercado cos que estivesen presentes. 18 Tamén discutían con el alguns dos filósofos epicúreos e estoicos. E alguns dicían: que quere dicir este linguateiro? E outros: Parece un predicador de divinidades extranas - porque lles predicaba de Xesús e a resurección. 19 Colleronno e o levaron ao Areópago Nota do traductor: Tribunal supremo da antiga Atenas , dicindo: Podemos saber que é esta nova doutrina que proclamas? 20 Porque escoitámosche dicir cousas extranas, e queremos saber que significan. 21 (Pois todos os atenienses e os extranxeiros que alí vivian pasaban o tempo falando ou escoitando as novidades) 22 Entón Paulo poñendose en pé no medio do Areópago, dixo: Atenienses, vexo que sodes moi relixiosos en todos os sentidos. 23 Porque mentres pasaba e observaba os vosos obxetos de culto, tamén encontrei un altar con esta inscripcion: AO DEUS DESCOÑECIDO. Pois o que vós adorades sen coñecer, iso vos anuncio eu. 24 O Deus que fixo o mundo e todo no que nel hai, Señor do ceo e da terra, non habita en templos feitos pola man dos homes, 25 nen o serven mans humanas, coma se El precisase algo, posto que El da vida a todos e alento e todas as cousas. 26 e de un só home fixo todas as nacións do mundo para que habitasen toda a terra, e estableceu os lindeiros dos seus tempos e os lindes dos seus territorios, 27 para que buscasen a Deus, e o encontrasen de algún xeito, aínda as apalpadas, xa que non está lonxe de ningún de nós 28 porque por El vivimos, movémonos e existimos, tal e como dixo algún dos vosos poetas: Porque nos tamén somos da súa linaxe. 29 Así que, sendo nós da linaxe de Deus, non debemos pensar que a natureza divina sexa semellante ao ouro, prata ou pedras esculpidas pola arte ou a imaxinación do home. 30 Por tanto, pasando por alto os tempos da ignorancia, Deus declara agora a todos os homes, en todo lugar, que se arrepintan, 31 porque El estableceu un día no que xulgará ao mundo con xustiza, por medio do Home que El escolleu, tendo presentado as probas a todos os homes ao resucitálo de entre os mortos. 32 Cando escoitaron da resurección dos mortos, algúns burlábanse, mais outros dixeron: Escoitarémoste outra vez sobre isto. 33 Entón Paulo saíu do medio deles. 34 Mais algúns xuntaronse con el e creron, entre os que estaba Dionisio o Aeropaxita, unha muller chamada Dámaris e outros mais.