Salmo 69 Ao director do coro. Sobor lirios. De David

1 Sálvame, ó Deus, porque as augas

cercaron a miña alma.

2 Fundinme na lama profunda,

e non hai onde facer pé;

cheguei ao profundo das augas,

e a corrente anégame.

3 Estou canso de chamar,

a miña gorxa esta ronca

os meus ollos esmorecen

agardando o meu Deus.

4 Máis que os cabelos da miña cabeza,

son os que me aborrecen sen causa.

Os que tentan destruírme son fortes,

fixéronse inimigos meus sen razón,

e agora hei pagar o que non roubei.

5 Ó Deus! ti coñeces a miña insensatez,

e os meus pecados non che son ocultos.

6 Non sexan avergoñados pola miña causa

os que esperan en ti, ó Señor, Iahveh dos Exércitos.

Non sexan confundidos pola miña causa

os que te buscan, ó Deus de Israel.

7 Porque pola túa causa sufrín deshonra,

e a confusión cubriu o meu rostro.

8 Pasei a ser un estraño para os meus irmáns,

e un estranxeiro para os fillos da miña nai.

9 Pois o celo da túa casa consumiume,

e os vituperios dos que te inxurian

caeron sobre min.

10 Chorei aflixindo con xexún a miña alma,

e isto foime por deshonra.

11 Puxen ademais pano de saco por vestido

e cheguei a ser un dito para eles.

12 Os que se sentan á porta

falan de min,

e fun verso das cantigas do viño.

13 Pero eu elevo a miña oración a ti,

ó Iahveh! en tempo axeitado; ó Señor!

pola abundancia da túa misericordia,

respóndeme coa verdade da túa salvación.

14 Sácame do lodo e non deixes que afonde;

sexa libertado dos que me aborrecen,

e das profundidades das augas.

15 Non me leve a corrente das augas,

nen me trague o abismo,

Nen a fosa peche a súa boca sobre min.

16 Respóndeme, ó Iahveh,

porque a túa misericordia é benigna,

vólvete a min conforme a multitude das túas piedades.

17 Non escondas o teu rostro do teu servo,

porque estou anguriado,

respóndeme de présa.

18 Achégate á miña alma e redímea!

Rescátame por causa dos meu inimigos!

19 Ti coñeces a miña deshonra, a miña confusión e a a miña ignominia.

Diante de ti están todos os meus inimigos.

20 O oprobio quebrou o meu corazón, e estou doente;

esperei compaixón, pero non a houbo,

busquei consoladores, pero non os topei.

21 Por comida déronme fel, e para a miña sede

vinagre déronme a beber.

22 Que a mesa diante deles se convirta en lazo,

e cando estén en paz, se volva nunha trampa.

23 Sexan oscurecidos os ollos para que non vexan, e fai que os seus lomos treman continuamente. 24 Deita sobre eles a túa ira,

e que a túa indignación os prenda.

25 Sexa o seu pazo destruído,

e non more ninguén nas súas tendas.

26 Porque perseguen o que Ti aflixiches,

e falan da dor dos que Ti feriches.

27 Engádelles iniquidade sobor a súa iniquidade,

e que eles non entren na túa xustiza!

28 Sexan borrados do libro da vida,

E non sexan inscritos cos xustos!

29 Pero eu estou aflixido e con dor,

que a túa salvación, ó Deus, me poña en alto!

30 Louvarei o nome de Deus con cántico,

e exaltareino con acción de grazas.

31 Esto agradará a Iahveh,

máis que o sacrificio do bois,

ou o becerro con uñas e pezuños.

32 Os oprimidos verano e alegraranse.

Vós, que buscades a Deus:

anímese o voso corazón.

33 Porque Iahveh escoita os necesitados,

e non menospreza os seus que están presos.

34 Lóuveno os ceos e a terra,

os mares e todo no que neles se move.

35 Porque Deus salvará a Sion

e edificará as cidades de Xudá,

para que eles moren alí e a posúan.

36 E a descendencia dos seus servos herdaraa,

e os que aman o su nome morarán nela.