Salmo 6 Para o director do coro con instrumentos de corda, sobor unha lira de 8 cordas, (unha octava máis baixa- heb.:Seminit-). Salmo de David

1 Iahveh, non me reprendas na túa ira,

nen no teu furor me castigues.

2 Ten piedade de min Iahveh, pois esmorezo;

sándame, Iahveh, porque os meus ósos tremen.

3 A miña alma está tamén moi angustiada;

e ti, ó Iahveh, até cando?

4 Iahveh!, retorna!, rescata a miña vida,

sálvame pola túa misericordia.

5 Porque non hai memoria de ti na morte,

e no Seol, quen te louvará?

6 Estou canso dos meus xemidos;

todas as noites anego o meu leito con bágoas,

con lágrimas rego a cama.

7 Gastados están de sufrir os meus ollos,

envelleceron por causa dos meus inimigos

8 Afastádevos de min, todos os que practicades iniquidade,

porque Iahveh ouviu a voz do meu pranto.

9 Iahveh escoitou a miña súplica;

Iahveh recibe a miña oración.

10 Todos os meus inimigos serán avergoñados

e pertubaranse moito;

novamente, e nun intre, serán avergoñados.