Salmo 16 Mictam (salmo de expiación) de David

1 Protéxeme ó Iahveh, pois refúxiome en ti.

2 Dixen a Iahveh: Ti es o meu Señor;

Nada bo teño fora de ti.

3 Dos santos que están na terra,

eles son nobres e neles está a miña delicia.

4 Multiplicáronse as aflicións daqueles que procuraron doutro deus, Non derramarei eu ritos de sangue, nen os meus labios pronunciarán os seus nomes. 5 Iahveh é a porción da miña herdanza e da miña copa,

ti sustentas a miña sorte.

6 As cordas caeron para min,

en lugares deleitosos,

e fermosa é a herdanza que me tocou

7 Abenzoarei a Iahveh que me aconsella,

de certo que o meu interior me instrúe.

8 A Iahveh puxen sempre por diante;

permarecerei firme porque está á miña destra

9 Por tanto, gózase o meu corazón e alégrase a miña alma,

a miña carne tamén morará segura,

10 pois ti non abandoarás a miña alma no Seol,

nen deixarás o teu Santo ver corrupción.

11 Ti mostrarasme o camiño da vida, na túa presenza hai gozo dabondo; á túa destra hai felicidade para sempre.