Capítulo 2

1 Aconteceu, no mes de nisán do ano vinte do reinado de Artaxerxes, estando o viño diante del, tomeino e servinlle ao rei. Como nunca antes eu estivera apesarado diante del 2 preguntoume o rei: por que estás apesarado? Pois non pareces enfermo. Isto é en verdade pesar do corazón. Entón tiven moito medo. 3 E respondinlle ao rei: viva o rei para sempre! Como non estarei apesarado cando a cidade das tumbas dos meus devanceiros quedou en ruínas e as súas portas queimadas polo lume. 4 Díxome o rei: que cousa pides? Entón orei ao Deus do ceo. 5 E respondinlle ao rei: se ao rei lle parece ben e o teu servo obtivo misericordia diante de ti, mándame a Xudá, á cidade das tumbas dos meus devanceiros e reedificareina. 6 Entón o rei díxome: canto durará a viaxe, e cando volverás? E a raíña estaba sentada ao seu lado. E pareceulle ben ao rei mandarme despois que eu lle propuxen un prazo. 7 Ademais díxenlle ao rei: se ao rei lle parece ben, que me dean cartas aos gobernadores do outro lado do río Éufrates para que me permitan o paso hasta que chegue a Xudá, 8 e carta para Asaf o gardabosques do rei, para que me dea madeira para reparar as vigas das portas da fortaleza do templo, para o muro da cidade e para a casa onde eu viva. E o rei accedeu a miña petición porque o favor do meu bo Deus estaba sobre min. 9 Cando me presentei ante os gobernadores do outro lado do río Éufrates deilles as cartas do rei, ademais o rei mandara comigo capitáns do exército e homes a cabalo. 10 Pero ao escoitar que alguén chegara para procurar o ben dos fillos de Israel, Sanbalat o horonita e Tobías o servo amonita estaban moi molestos. 11 A os tres días de chegar a Xerusalém, 12 levanteime de noite, eu e uns poucos homes comigo, pero non lles contei o que Deus puxera no meu corazón para facer en Xerusalém. O único cabalo que tiñamos era o que eu montaba. 13 Esa noite saín pola porta do Val cara a fonte do Dragón e a porta do Muladar. Examinei os muros derribados de Xerusalém e as suas portas queimadas polo lume. 14 Logo dirixinme cara a porta da Fonte e o estanque do Rei, pero non había maneira de pasar co cabalo. 15 Sendo aínda de noite subín polo regato mentres examinaba o muro e regresei dando a volta pola porta do Val. 16 Os oficiais non sabían onde fun nin o que fixen, porque ata ese entón non dixera nada a ningún xudeu: nin aos sacerdotes, nin aos nobres, nin aos oficiais, nin aos que traballaban na obra. 17 Por iso díxenlles: vós sodes testemuñas da nosa desgraza. Xerusalém está arruinada, e a as súas portas queimadas polo lume, vinde a construír o muro de Xerusalém, e non sexamos a mofa de ninguén! 18 Entón contéilles como a misericordiosa man de Deus estivera sobre min e as palabras que o rei me dixera. Eles contestaron: levantémonos e construamos. Así esforzáronse eles para ben. 19 Pero cando se decataron Sanbalat horonita, Tobías o servo amonita, e Xesem o árabe, mofáronse de nos, e desprezáronnos dicindo: que é isto que facedes vós?, pretendedes rebelarvos contra o rei? 20 E respondinlles: o Deus dos ceos ao que servimos vainos facer prosperar. Comezaremos coa reconstrución, vós non tedes autoridade nin dereito, nin sodes parte da historia de Xerusalém.